Fixádevos que ten unha parte circular no centro e todos os pétalos son iguais.
Ten que ser unha flor de papel, non de cartulina nin de cartón. Valen folios normais
Podedes pintar os pétalos e poñer o voso nome na parte do círculo. Quen non queira pintala porque lle da moito traballo pode pedirlle a HUGO o seu robot para facer deberes a ver se ten sorte. JI JI JI
Cando a teñades feita tedes que dobrar os pétalos para dentro, empezades nun e seguides polo que está ao seu lado ata ter a flor cerrada de todo. Máis ou menos como está nesa foto.Agora ides necesitar un prato dos da sopa para botar auga nel. Tanta auga como se fose sopa para tomar.
E agora colocades moi despaciño a flor cos pétalos cerrados enriba da auga e agardades a ver que pasa.
Contádesmo, vale?
Por certo, no círculo podemos escribir mensaxes para que os lea alguén. A ver como serán os vosos.
PASÁDEO BEN

Esto e moi divertido nos xa o fixemos fai un par de semanas con varias flores no fregadeiro e e mola moito. Bicos
ResponderEliminarA nós o primeiro intento saíunos mal pois colocamos a flor demasiado rápido na auga e enchoupouse toda. Pero no segundo intento puidemos ver como se abrían os pétalos e si que molou moito.
ResponderEliminarMinia maila irman tamen o fieron nun momento do confinamento e sorprendeulles moito. Repetiremolo para intentar sacarlle unha foto.
ResponderEliminarTamen fixeron o de botar auga e pementa no plato e logo cunha gota de xabon do fregadeiro no dedo, metelo no plato e ver que sucedía.
Tamen foi outra sorpresa!!!!