PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



domingo, 31 de mayo de 2020

HOXE TOCA ESCRIBIR

Nesta actividade que vos poño aquí tedes que mover as letras para poñelas no seu sitio. Lembrade que non sobra ningunha e pensade antes de facer

Como seguro que estades cansos de tanto pensar vouvos deixar unha páxina web para que o pasedes ben pintando con area de colores. 


5 comentarios:

  1. Lucía entusiasmada: "¡se me da genial!". As letras fun movéndollas eu pero ela íame dicindo as que tiña que mover.

    ResponderEliminar
  2. Sorprendeume Breixo, mellor facendo el solo q ca miña axuda, a única q se lle complicou un pouco foi 'acuarelas',

    ResponderEliminar
  3. A Izan gustoulle moito esta actividade,o ver que o pode facer so e rápido,animao moito.

    ResponderEliminar
  4. Por unha vez a Helena gustoulle máis o das letras que o dos números, certo é que traballar coa tablet non lle gusta demasiado🙄

    ResponderEliminar
  5. A Anxo gustoulle ainda que algunha palabra lle costou, e máis dos de números

    ResponderEliminar