Movendo as boliñas dun lado a outro podemos contar.
Xa sei que na casa non tedes un ábaco como éste pero eu vouvos propoñer facer un con cousas que seguro que sí que tedes
Materiais que necesitamos:
PERCHA DA ROUPA
PINZAS DA ROUPA
PAPEL E LÁPIS OU RÓTULADOR
Agora imos xogar co noso ábaco particular.
Imos empezar por facer un cadrado de papel e poñer o número 3, outro co 4, outro co 5, outro co 6, outo co 7, outro co 8, outro co 9 e outro co 10
Colocamos na percha o papel e na barra tantas pinzas como nos indica o número.
Na foto podedes ver como quedaría a do número 10. Pero non ten que ser unha camiseta, vale un cadrado.
Podemos movelas para un lado e para outro e saber así como conseguimos o número que temos arriba
Por exemplo a percha do 3 pódese mover así:
Nun lado 1 e do outro 2
Nun lado 2 e do outro 1
Nun lado 3 e no outro 0
E nun lado 0 e no outro 3
Se o queremos escribir sería así:

A ver se o entendestes ben.
TEDES QUE FACER A PERCHA DE CADA NÚMERO E AS SUMAS DE CADA NÚMERO.
COMO SERÍA A PERCHA DO 4 E TODAS AS SÚAS SUMAS.
COMO SERÍA A PERCHA DO 5 E TODAS AS SÚAS SUMAS
COMO SERÍA A PERCHA DO 6 E TODAS AS SÚAS SUMAS
COMO SERÍA A PERCHA DO 7 E TODAS AS SÚAS SUMAS
COMO SERÍA A PERCHA DO 8 E TODAS AS SÚAS SUMAS
COMO SERÍA A PERCHA DO 9 E TODAS AS SÚAS SUMAS
COMO SERÍA A PERCHA DO 10 E TODAS AS SÚAS SUMAS
Facémolo co noso ábaco de pinzas e despois escribimos as sumas
Este é un traballo moi difícil así que podemos facelo pouco a pouco e fixándonos moito moito.
ÁNIMO A CONTAR CON PINZAS







Uffff para Minia esto está a ser moito traballo: hai que sentarse, pensar e escribir moito.......Como din elas: UFFFFFF Que pereza!,,, 😅😩
ResponderEliminarA pereza non é boa acompañante. Este traballo que vos puxen é moi importante para despois ser quen de sumar.
ResponderEliminar