PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



lunes, 25 de mayo de 2020

CONTOS SEN TÍTULO

Imaxinade que desaparecen os títulos dos contos. Seríades quen de colocar cada conto co seu título?
PROBADE A VER SE SODES CAPACES DE FACER ESTE XOGO QUE VOS POÑO AQUÍ.
Sae o título dun conto dos que están abaixo. Tedes que intentar ler para acertar en que conto tedes que facer clic 
Xa me contaredes




8 comentarios:

  1. Anxo pasouno xenial con este xogo, xogou un monton de tempo.

    ResponderEliminar
  2. Helena e o seu irmán Xabier pasárono pipa. Gustoulle moito e resultoulle fácil, certo é que os coñecían todos.

    ResponderEliminar
  3. Mateo encantoulle pasouno moi ben facendo varias veces.

    ResponderEliminar
  4. Aroa xogou duas veces. Gustoulle e xogou una segunda mellorar o posto da clasificación.

    ResponderEliminar
  5. Hugo tamen estuvo facendo varias veces, gustoulle moito

    ResponderEliminar
  6. Encantoulle a Breixo fixo moitas veces e os contos conocía moitos de eles do cole.

    ResponderEliminar
  7. Artai despistouse o principio pero repiteuno.Di que os acertou porque os coñece todos.

    ResponderEliminar
  8. Lucía acertounos todos ao primeiro intento! E sorprendeume comprobar o que sabe xa!!! Aínda que tamén hai que dicir que nalgún, como no conto de Martiño, despois de ler as tres primeiras palabras, xa dixo o resto título dun tirón, xa sin lelo...

    ResponderEliminar