PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



viernes, 15 de mayo de 2020

RESULTADOS CÍRCULOS CROMÁTICOS


Mirade que chulo é o círculo cromático que fixo Casimiro. Utilizou un montón de alfinetes de colores. A que mola?











Este é o que fixen eu utilizando fíos e novelos de la. Fixádevos no debuxo que fixen. Teño o pelo moi moi curtiño. Se cadra non me coñecedes cando nos volvamos ver. 










E agora vou poñer aquí todos os círculos que me mandastes vós. A verdade é que molan un montón. A ver que vos parecen
CARLOS

ARTAI

BREIXO

LUCÍA P.

HELENA

LUCÍA E MARTÍN BLANCO

TIAGO































































SABELA




PARABÉNS A TODAS E A TODOS PORQUE ME PARECEN CHULÍSIMOS TODOS OS CÍRCULOS CROMÁTICOS.

1 comentario:

  1. Biennn👏👏palabras textuales de Breixo sobre o teu pelo corto : 'MIMAAAAA!!' 😀

    ResponderEliminar