PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



martes, 26 de mayo de 2020

LEMBRAMOS COUSAS DE PICASSO

Lembrades que Picasso empezou a pintar cando era moi novo e desa época son os cadros como:
Home con boina                                                                                Ciencia e caridade









Despois desta época é cando marcha a París co seu amigo Casagemas e alí coñece moitos pintores e artistas. Pero non é quen de vender o seus cadros e está triste. Ademáis morre o seu amigo e a tristeza nótase nos seus cadros. Ë a ÉPOCA AZUL. Son cadros tristes e usa moito a cor azul
Mendigos á beira do mar
                                                   Arlequín pensativo


Pouco tempo despois coñece a unha muller que se chama Fernande Olivier e se enamora. Deixa de estar triste e empeza a interesarse por cousas relacionadas co circo. É a ÉPOCA ROSA. Cadros como 

 Arlequín a cabalo 

                                     Retrato da señora Casals








Despois deste momento Picasso ve unhas esculturas africanas e queda moi impresionado. A partir deste momento empeza a interesarse por pintar doutro modo. Analiza a imaxe como se tivera pequenos cachiños que despois el reorganiza. É a ÉPOCA CUBISTA
Desta época o cadro máis importante é 
As señoritas de Avinong

Pero fixo moitísismos máis. De feito o cubismo influe de tal modo en Picasso que se pode ver en toda a súa obra a partir de aquí.

Tamén nesta época pinta un dos cadros máis importantes e máis recoñecidos no mundo. Un cadro que mide máis de 5 metros e que representa os horrores dunha guerra e dun bombardeo sobre unha pequena cidade.
Trátase do
GUERNICA


Despois da época cubista Picasso empezou a interesarse pola forma das esculturas clásicas, as que parecían persoas reais. A súa pintura cambiou en comezou a facer cadros de persoas cos brazos e as pernas grandes.
Son cadros desta época, que se chama CLÁSICA son por exemplo estes

Mulleres correndo pola praia


                                     A frauta de pan





Como xa sabedes todas e todos Picasso foi un pintor moi famoso. Pintou moitísimos cadros diferentes. 
Vós fixestes un lenzo na clase que vos quedou xenial.
Póñovos algúns aquí






















Para rematar esta información sobre Picasso quero contarvos algo, do que vos falei, pero  que ao mellor non lembrades. 
Picasso era un artista capaz de facer cadros moi fermosos pero pensaba que as mulleres naceran para sufrir e por tanto nunca tratou ben ás mulleres que viviron ou casaron con el. Chegou a facerlles a súa vida moi complicada e cando as deixaba moitas delas estaban realmente moi tristes, cando non enfermas. Houbo moitas mulleres na vida de Picasso e fixo moitos cadros inspirados nelas. 
Esta historia o que nos ensina é que era un artista xenial pero un home realmente detestable.

AGORA VOUVOS PROPOÑER UNHA COUSA.
Imos ver o que é no chan a superficie de dous cadros.
As señoritas de Avignon mide 244 cm x 234 cm. 
Arlequín Pensativo mide 116 cm x 90 cm.
Para facelo necesitades fío ou la e un metro. Medides o lado máis longo dúas veces. Medides o lado máis curto dúas veces
Colocades os fíos no chan formando un RECTÁNGULO
e atades as catro esquinas. O sitio que queda no medio sería a superficie que ocuparía o cadro.




4 comentarios:

  1. Lucia recoñeceu os dous cadros (Arlequín pensativo e señoritas de Avignon) aínda que, antes de facer a proba, pensaba que eran máis pequenos...

    ResponderEliminar
  2. O que pretendía era que tomaran conciencia de que aínda que utilizamos para velos o tamaño DIN-A 4 na realidade os lenzos poden ser moito máis grandes.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Aroa recoñeceu o cadro que pintou no cole: o cinto amarelo. ;)

    ResponderEliminar