PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



miércoles, 29 de abril de 2020

MÁIS MATEMÁTICAS

Hoxe imos facer sumas, como as nenas e nenos de Primaria.
Todos e todas sodes moi maiores e como eso das sumas xa o fixemos moitas veces na clase, seguro que vos ides a lembrar de como era.



Aquí tedes unha flor que ten un código para poder pintala. 
Temos que facer a suma dos dous números de cada pétalo e despois temos que mirar que color ten ese número.
Para que poidades facelo con máis facilidade lembrade: NUNHA MAN....NA OUTRA MAN.... E LOGO XUNTO E CONTO TODO
Fágovos un pétalo faciliño: NUNHA MAN 1 NA OUTRA MAN 1. XUNTO AS MANS E CONTO 1+1 =2. Vou mirar de que cor é o 2 e resulta que é rosa. Entón xa sei de que cor teño que colorear o pétalo.
A flor é moi faciliña de debuxar para quen non teña impresora. Se non é unha flor pode ser outra cousa que vos guste máis. ÁNIMO QUE SEGURO QUE PODEDES.

POR CERTO!. NON ESQUEZADES VER AS ENTRADAS ANTERIORES QUE FUN SUBINDO MÁIS FOTOS QUE FORON CHEGANDO.



lunes, 27 de abril de 2020

TRABALLOS DE FROTADO

LUCÍA BLANCO MANDA ESTE TRABALLO DE GOLFIÑOS SALTANDO NO MAR. 


MOI CHULO LUCÍA. ESTES DÍAS QUE NON HOUBO XENTE NAS PRAIAS E MENOS BARCOS NO MAR, SEGURO QUE OS GOLFIÑOS SALTARON COMO OS DO TEU DEBUXO









HELENA MÁNDANOS DOUS TRABALLOS. UN DE MOEDAS E OUTRO DE ANIMALIÑOS DO MAR.   LEMBRO QUE CANDO EU ERA PEQUENA A MIÑA MAMÁ COLOCABA UNHA MOEDA DEBAIXO DUN PAPEL E CUN LAPIS FROTABA ATA QUE APARECÍA O DEBUXO

A MIN PARECÍAME  MAXIA






E HUGO MANDA UNHA COMPOSICIÓN MOI CHULA CON FOLLAS DE PLANTAS. A QUE MOLA UN MONTÓN?

TIAGO FIXO UNHA ÁRBORE E UN SOL E TAMÉN UNS PEIXIÑOS. ESTÁ MOI CHULO


 AQUÍ TEDES O DE BREIXO NAS PROFUNDIDADES DO MAR OS PEIXIÑOS DETRÁS DUNHA REDE E UNHA ALGA MARIÑA.


MIRADE A COMPOSICIÓN ORIXINAL QUE NOS MANDA ARTAI


SODES UNS E UNHAS ARTISTAS







OS MINILIBROS QUE CHEGARON


MINILIBRO DE IZAN DE ANIMAIS

















TEMOS OUTRO MINILIBRO FEITO POR LUCÍA P. SOBRE FROITAS











BREIXO MANDA ESTE VÍDEO PARA AMOSAR O SEU MINILIBRO 

Tamén vou poñer aquí uns traballos que mandaron Helena e Izan, a ver se vos gustan. A mín encantáronme
TRABALLO QUE MANDOU IZAN
TRABALLO QUE FIXO HELENA CO SEU PAPÁ





domingo, 26 de abril de 2020

CREANDO CON FORMAS

TACHAN!
FIXEMOS UN RATO CON FORMAS XEOMÉTRICAS. CONTADE...
CANTOS CÍRCULOS?
CANTOS CADRADOS?
CANTOS ÓVALOS?
CANTOS TRIÁNGULOS?
CANTOS RECTÁNGULOS?

SEGURO QUE TODO O MUNDO ACERTOU.

AGORA TÓCAVOS A VÓS. TEDES QUE RECORTAR:

  • 4 CÍRCULOS MEDIANOS
  • 3 CÍRCULOS PEQUENOS
  • 2 CADRADOS MEDIANOS
  • 3 TRIÁNGULOS MEDIANOS
  • 2 TRIÁNGULOS PEQUENOS
  • 1 RECTÁNGULO LONGO E ESTREITO MEDIANO
  • RECTÁNGULOS PEQUENOS

CON TODAS ESTAS PEZAS, QUE PODEN SER DE PAPEL COLOREADO, DE PAPEL DE PERIÓDICO, DE REVISTA, DE TELA, DE CARTÓN...
TEDES QUE CONSTRUÍR O QUE QUEIRADES E POÑERLLE  NOME PARA QUE EU PODA SABER O QUE É.
OLLO! NON VALE COLOCALOS DE CALQUERA MANEIRA. TEDES QUE CONSTRUÍR ALGO, O QUE QUEIRADES PERO QUE SEXA ALGO.
ÁNIMO CHICAS E CHICOS A POR ESAS CREACIÓNS




viernes, 24 de abril de 2020

COUSAS SOBRE AS PUBLICACIÓNS

OLA A TODAS E A TODOS,

Como xa sabedes a finalidade deste blog é facer propostas que poidades facer coas vosas fillas e fillos na casa. Sei que non todas as familias teñen as mesmas circunstancias: de tempo, de espazo, de materiais etc. 
Procuro pensar moito en actividades que resulten de interese e ao mesmo tempo que non impliquen dun esforzo de tempo grande, nin para as nenas e nenos nin para os adultos.
Faime especial ilusión recibir os traballos que me mandades e valoro moi positivamente o esforzo que todo o mundo está a facer.
Este blog tamén foi un espazo creado para compartir e aquí quero explicar por qué non sempre aparecen toooodas as cousas que me mandades:

          * Porque algunhas son fotos nas que se ven as caras dos nenos e nenas e este espazo, aínda que ten unha finalidade educativa, é aberto a que o poda ver todo o mundo. Pareceume que sen o voso consentimento explícito non debería poñer fotos nas que se lles vexa a cara aos nenos e nenas. A única excepción é a foto de "Así somos" e pedín permiso á familia antes de subila.

           *Porque hai algunhas actividades que son todas iguais e por tanto, está ben que eu as poda ver para saber que se fixeron pero non é interesante que suba un montón de                   fotos do traballo dos camiños do rato para atopar o queixo.

          * Algúns debuxos ou manualidades que fan as nenas e nenos non teño claro se queredes compartilas polo que podedes confirmarmo cando as enviades por correo.


Para finalizar comentarvos que habitualmente subirei fotos o venres ou ben o luns en función das cousas que vaia recibindo.





VERSOS CURTIÑOS

LUCÍA B.
LUCÍA CONTOU AS ESTRELAS DA NOITE...
E DURME NUNHA CAMA MÁXICA



ARTAI IMAXINOU PIRATAS BARBUDOS...
PERO QUERE IR PRONTO Á PRAIA















AROA CONTOU AS ESTRELAS DA NOITE...
E NUNCA VOLVEU TER MEDO








 HUGO FIXO POMPAS DE XABRÓN...
E AGORA NADA MOI BEN

 MATEO FIXO UN PRECIOSO DEBUXO
PERO QUERE IR PRONTO Á PRAIA


 BREIXO ABRAZOU UN OSO AMARELO E NUNCA VOLVEU TER MEDO











SABELA CONTOU AS ESTRELAS DA NOITE...
E DURME NUNHA CAMA MÁXICA




LUCÍA P. CONTABA AS ESTRELAS UNHA NOITE DE LÚA CHEA

ANIVERSARIOS

Ola a todas e a todos. 
Sei que varias nenas e varios nenos estiveron ou van estar de aniversario nestes tempos que non podemos estar xuntos,  cantar e compartir abrazos e bicos. Por iso ocorréuseme preparar este vídeo. 

Espero que vos guste



FELIZ ANIVERSARIO

FROTANDO

En francés dise "Frotage" e cando vexades este vídeo todas e todos ides dicir:
Pero Ana, isto facémolo nós moitas veces para os fondos dos nosos debuxos.
Xenial. Xa sabedes a técnica. Coller unha cera cos dediños e pasala por riba do papel frotando.
No vídeo poñen peixiños recortados e unha rede debaixo. Eu quero que imaxinedes moito vós e que busquedes as vosas ideas. Buscade na casa, e fóra  ou facede vos as pezas para colocar debaixo. 
Podemos poñer debaixo do folio calquera cousa que sexa plana. Ensínovos uns cadros que fixemos Casimiro e eu, a ver se acertades que puxemos por debaixo do papel 
Veña, estou desexando ver as vosas creacións.










miércoles, 22 de abril de 2020

UN POUCO DE TEATRO



A Xanela do Maxín  (grupo de teatro) ofrece unha versión completa dun libro que nos encanta a todas e a todos

A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA

Mola un montón a que sí?

A nós gústanos moito facer teatro e anímovos a facelo na casa coa vosa familia. Que tal o conto do coelliño branco? Ou o dos tres porquiños?
Ánimo que é moi divertido

Lémbrovos que tedes tamén unha proposta na páxina do cole de apuntar refráns, ditos populares, fórmulas de contar  en xogos. Se os avós e as avóas vos aprenden algunha podedes escribila e mandarma
Hai moitos refráns que falan dos meses do ano. Sabedes algún.


DÍA DO LIBRO

Hoxe é 23 de abril e se estivésemos no cole seguro que estaríamos facendo moitas cousas na nosa biblioteca de aula. Botámola de menos verdade?.
Vouvos propoñer hoxe CATRO cousas.

1.- Como sei que tedes un libro da biblio na casa, propóñovos que tiredes unha foto desde libro e que me contedes se vos gustou e se o recomendaríades aos compañeiros e compañeiras.

2.- A segunda cousa é que me mandedes outra foto dalgún libro que teñades vós na casa e que vos gusta especialmente. Case que podería dicir que é o voso favorito. Contádeme por que escollestes ese e non outro.

3.- A terceira cousa que vos propoño é facer un minilibriño. Necesitades un folio e tesoiras. Póñovos aquí un vídeo de como se fai para que vos axude a facelo mamá ou papá. 



4.- Cando o teñades podedes debuxar  e escribir en cada folla unha cousa diferente do mesmo grupo. Por exemplo: o libro das froitas
o libro das caras (triste, contenta, furiosa, sorprendida, aburrida...)
o libro dos animais 
o libro das letras bonitas
Cada quen pode escoller o que queira. ÁNIMO, A VER COMO VOS QUEDAN

martes, 21 de abril de 2020

ASÍ SOMOS

AROA E A SÚA FAMILIA TERÍAN QUE VIR HOXE Á NOSA CLASE PARA EXPLICARNOS TODO O QUE INVESTIGARON E APRENDERON SOBRE O APARATO CIRCULATORIO. ONTE FIXÉRONME CHEGAR AO CORREO O QUE TIÑAN PREPARADO E EU PEDINLLES PERMISO PARA POÑELO AQUÍ E COMPARTILOS CON TODOS E TODAS VÓS.



Estas fotos dun traballo tan estupendo fixéronme reflexionar sobre este proxecto de "Así somos" 
Cando a principio de curso propuxen que fixeramos un traballo na casa sobre unha temática do corpo humano para vir despois a contarnos como expertos o aprendido, non imaxinaba que nos servira para aprender tantísimas cousas.
Onte pensaba no moito que boto de menos as sesións dos martes coas familias e os nenos e nenas contando con entusiasmo o moito que sabían.
Como eran quen de relacionar os contidos que nos contaban unha semana cos das outras. Como eran quen de facer preguntas relevantes e ofrecer respostas interesantes. Como o grupo se cohesionaba, se facía responsable e asumía con entusiasmo o reto de aprender.
Todo isto, que agora tanto botamos de menos foi posible pola complicidade e colaboración vosa, das familias, que vos implicastes de forma extraordinaria demostrando o acertada que é a foto que preside este blog. 
Moitas grazas a todas as familias
Déixovos un vídeo que enviou onte a familia de Minia, co tema que lle tocaba contarnos na clase. Espero que vos guste
Lucía G. mandou este traballo de ASÏ SOMOS. A súa familia tocáballe vir xusto na semana seguinte a que nos mandaran cerrar o cole por culpa do coronavirus. Eso era alá polo mes de marzo e estabamos aprendendo moito do aparato dixestivo. Lucía viña a contarnos xa todo o funcionamento. e aquí vos poño o material que tiña feito para que o poidades ver.


Seguen chegando traballos do proxecto "ASÍ SOMOS". Nesta ocasión quen nos manda este material tan xenial é Lucía B. e a súa familia. Espero que vos guste porque está moi ben


Hoxe, 9 de xuño, tiñamos que rematar as exposicións do proxecto "Así somos". Helena  era a última en vir e aquí tedes o traballo que fixo coa axuda da súa familia, sobre os nervios 









Artai tiña que estudar  o sangue, as veas e as arterias e aquí podedes ver o moito que aprendeu








Teño que dar as grazas a todas as familias: as que participaron presencialmente e ás que o fixeron a través do blog. Realmente penso que era un proxecto moi interesante que nos permitía achegarnos á información sobre o corpo humano a través de textos informativos. Foi un modo significativo de aprender como se estuda, como se busca, se selecciona e se modifica a información para dar conta do aprendido. FANTÁSTICO!!! GRAZAS POR FACELO POSIBLE.

OUTRA VEZ MATEMÁTICAS. CÓDIGOS PARA ATOPAR O QUEIXO

ESTE É UN XOGO MOI INTERESANTE NO QUE HAI QUE ESTAR MOI CONCENTRADOS. PRIMEIRO DESCARGADES O DEBUXO OU BEN QUE VOLO FAGA PAPÁ OU MAMÁ NUN FOLIO. DESPOIS HAI QUE FACER OS CAMIÑOS
VOUVOS POÑER UN CÓDIGO PARA QUE O SIGADES E SEXADES CAPACES DE LEVAR O RATIÑO ATA O QUEIXO. IMOS MARCANDO PUNTIÑOS NOS CADRADOS E DESPOIS UNIMOS OS PUNTOS  E FACEMOS O CAMIÑO. 

AQUÍ TEDES 3 CAMIÑOS DE DISTINTA COR. SE O FACEDES BEN TODOS TEÑEN QUE CHEGAR DESDE O RATO ATA O QUEIXO.
COMO HAI QUE ENTENDER O CODIGO: O NÚMERO INDICA OS CADRADOS QUE HAI QUE AVANZAR E A FLECHA INDICA CARA ONDE HAI QUE IR.
ÁNIMO E CONCENTRACIÓN












domingo, 19 de abril de 2020

DEBUXOS

ESTE VÍDEO SERVE PARA ANIMARVOS A MANDARME OS DEBUXOS QUE VOS PIDO, PORQUE SODES UNHAS NENAS E NENOS FANTÁSTICOS. MIRADE QUE GUAI


PROMETO FACER OUTRO CO DAS POESÍAS, ASÍ QUE A TRABALLAR CON MOITA ILUSIÓN QUE SODES CAPACES.

POESÍAS DIVERTIDAS

Xa sabedes que un dos contos favoritos de Casimiro é éste

Gústalle moito este conto porque Casimiro tamén é un pouco poeta e sabe que vós tamén podedes ser poetas. Queredes aprender a facer un poema pequeniño? Pois imos utilizar un truco que mola moito. ATENTAS E ATENTOS. AÍ VAI O TRUCO
Tedes que escoller unha cousa de cada columna, a que máis vos guste e poñer primeiro o voso nome logo o que pon nunha das liñas da primeira columna e despois o que di nunha das liñas da segunda columna.

COLUMNA 1                                                                                     COLUMNA 2

soñou con flores azuis                                                             e nunca volveu ter medo

tocou o sol coa súa man                                                         pero sempre se porta ben

contou estrelas na noite                                                          e durme nunha cama máxica
                                                                                               
imaxinou piratas barbudos                                                      e toca o nariz coa súa lingua

fixo un precioso debuxo                                                          e sempre terá moitos amigos

escoitou unha fermosa música                                               pero bota de menos o cole

bailou nas puntas dos pes                                                      máis tamén lle medrou o pelo

abrazou un oso amarelo                                                        cando comía flocos de millo

probou unha fresa madura                                                   despois de xogar coa pelota
          
tiña unha xoaniña de amiga                                               e agarda que lle conten un conto

escribeu o seu nome nas nubes                                              pero quere ir pronto á praia

fixo pompas de xabrón                                                            e agora nada moi ben

bañouse co seu barquiño                                                          cando miraba a chuvia caer


Casimiro fíxome a min unha moi chula e eu a el outra

                                Ana soñou cun ramo de flores amarelas
                                    pero bota de menos os vosos abrazos 

                                Casimiro púxose patas arriba
                             e agora soña con  nubes de azucre

Cando teñades o voso poema podedes aprendelo de memoria e escribilo como sodes capaces de facelo. Tamén podedes facer un debuxo e mandar unha foto. 

ÁNIMO CHICAS E CHICOS A FACER POESÍAS DIVERTIDAS

CANDO TEÑADES ESCOLLIDA A POESÍA HABERÁ QUE ESCRIBILA. PODEDES PEDIR UN POUCO DE AXUDA PERO A VER O QUE SODES CAPACES DE FACER.
TAMÉN ME GUSTARÍA VER UN DEBUXO DO POEMA. 
XA SEI QUE É UN TRABALLO COMPLICADO E QUE VOS VAI LEVAR VARIOS DÍAS. PERO NON HAI PRESA, FACÉDEO MOI POUQUIÑO A POUCO, QUE É COMO SE SABOREA A POESÍA.













viernes, 17 de abril de 2020

O SOÑO DE CASIMIRO

Ola todas e a todos. A partir de mañá subirei as fotos tan chulas que mandastes esta semana. Estou moi contenta porque estades participando moito e penso que é un modo de manternos en contacto e seguir aprendendo.
Chega a fin de semana e por iso preparei este vídeo que espero que vos guste porque me deu moito traballo.
Bicos

jueves, 16 de abril de 2020

KALANDRAKA TV

Ola chicas e chicos,
Hoxe quero lembrarvos que na páxina web do cole, tamén podedes atopar propostas que facemos entre todas as profes de infantil. Hai cousas que se vos apetece podedes ver ou facer.

Hai unha webmix de contos que recompilou a profe Begoña que mola un montón.
Déixovos aquí o enlace por se vos resulta máis práctico ir desde aquí.
Páxina do cole

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicernadascastro/node/2493

Pero como sei que vos gustan moito os contos creo que esta páxina da editorial Kalandraka  vaivos gustar moito. 
KALANDRAKA TV

O que me gusta moito e que quen conta os contos son autoras/es e tamén tamén ilustradoras/es

Quero tamén dicirvos a todas e a todos que me encanta ver as fotos que mandades e que estou agardando a ter máis para subilas.
Bótovos moitísimo de menos. QUÉROVOS MOITO. UN BICO GRANDE

miércoles, 15 de abril de 2020

QUE TAL SE ESCRIBIMOS.?

Ola chicas e chicos. 
Estou agardando a que todas e todos  e todas rematedes o debuxo que vos puxen o martes. Teño que dicir que xa teño uns poucos e todos son superbonitos.Encántame ver que ben facedes as cousas . Tamén foi moi guai o traballo dos números. En canto me cheguen todos os traballos xa os poño para que poidades velos
Teño moitas ganas de vervos a todas e a todos, pero mentres non se pode mándovos un bico polo aire.

Hoxe quero que probemos a escribir palabras de cousas que botamos de menos. Son cousas relacionadas coa escola. Propóñovos que poñades as letras que faltan


1. A  _ _ G O S                       2. C O _ E _ O R

3.  P _ T I O                                 4. R E _ _ O

5. _ O L _ X _ O                    6. A _ R _ N D _ R



1.Na clase tedes moitos… e gústavos moito estar con eles e xogar
2.É un sitio ao que imos despois de ler o menú 
3. Lugar onde están os columpios
4.Imos ao patio cando é a hora do
5.É o lugar grande ao que vamos todos. Ten clases e corredores
6.No cole imos a…para saber moitas
ÁNIMO CHICAS E CHICOS QUE SEGURO QUE DESCUBRIDES AS LETRAS QUE FALTAN

Agora tamén podedes animarvos a escribir os nomes das amigas e amigos da clase. A ver cantos vos acordades.





martes, 14 de abril de 2020

HOXE TOCA MATEMÁTICAS DIVERTIDAS

Temos que facer unhas tarxetas cada unha coa súa cifra.
CON ESTAS DEZ CIFRAS PODEMOS FACER TOOODOS OS NÚMEROS QUE EXISTEN: INFINITOOOOOOS
Imos probar a buscar por toda a casa cousas que teñan números: pode haber na roupa e no calzado, nos envases de alimentos, e tamén noutros sitios. Veremos as que atopamos.
Agora imos facer outra cousa. Eu vou inventar algúns números e vós tedes que acertar cal vale máis.de cada parella. Tedes que explicar por qué o sabedes.
Probade a inventar números e ver cal vale máis.

lunes, 13 de abril de 2020

EMPEZAMOS DE NOVO

Ola, estamos de novo aqui para facer cousas e para que me contedes que tal estades.
Como sabedes Casimiro está na miña casa e está bastante enfadado porque quere volver ao cole e vervos a todos e a todas. Expliqueille que temos que quedarnos na casa de momento e sempre me di que se aburre un pouco.
Está nunha casiña que teño eu que tampouco lle gusta moito. Gravei un vídeo moi curtiño sen que me vise. Estaba facendo o pino e andando en dúas patas. A ver se vos gusta

Pero hoxe tamén quero poñervos unha proposta para facer na casa. A ver que vos parece

GUSTARÍAME QUE FIXÉRADES UN DEBUXO DE VÓS.

Pero ten que ser un debuxo nun folio e ten que chegar o corpo desde a parte de arriba ata a de abaixo, onde estarán os pes. Tamén ter que ser coa roupa que levades posta na casa, tenis ou zapatillas incluídas. E quero que se tedes un rotulador o repasedes como facemos na clase. Despois o pintades o máis bonito que sexades capaces, poñedeslle o voso nome coas letras ben feitas.
Pedíde que lle saquen unha foto e que ma manden para poder poñelas todas no blog e así podemos velas.
ÁNIMO A TODAS E TODOS QUE EU SEI QUE SODES UNS ARTISTAS. AGARDO IMPACIENTE OS VOSOS DEBUXOS.

jueves, 2 de abril de 2020

SEGUIMOS COMPARTINDO COUSIÑAS


 SEGUEN CHEGANDO COUSAS QUE FACEDES VÓS E QUERO COMPARTILAS PARA QUE AS POIDADES VER 
EMPEZAMOS POR ESTA FOTO QUE ENVIA BREIXO. PLANTOU LENTELLAS. A QUE MOLA!
SEGUIMOS COS CALENDARIOS QUE MANDARON LUCÍA G. E MINIA
MOITO TRABALLO CHICAS!
CALENDARIO DE LUCÍA G


CALENDARIO DE MINIA

 REMATAMOS CO TRABALLO DO POEMA DE PAULA. SEGURO QUE VOS GUSTA ESE UNICORNIO