PROMOCIÓN 2020/2023
BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.
Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.
Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.
Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.
Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.
Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.
As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices
Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.
lunes, 4 de mayo de 2020
HOXE PENSAMOS UN POUCO
Esta pandemia afecta de múltiples formas a todo o mundo, pero no caso dos nenos e nenas máis novos hai que ser moi conscientes de que o cambio brusco foi para eles/as moi duro.
Son o colectivo que máis necesita do contacto físico e da interación cos iguais e isto foi reducido absolutamente.
A pesar de ter contacto coa maioría das familias a través dos correos electrónicos que me enviades cos traballos que as nenas e nenos realizan, non podo ter a información de como é o seu estado emocional. Están ben, están en calma, botan moito de menos a escola e os amigos?.
Por iso, hoxe decidín abrir esta entrada de reflexión sobre como vedes as familias aos vosos fillos e fillas, que é o que vos preocupa; que preguntas fan; que espectativas tedes...?
Espero os vosos correos compartindo as vosas reflexións sobre os vosos fillos e fillas.
Grazas
No hay comentarios:
Publicar un comentario