PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



martes, 12 de mayo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA

A Asamblea Xeral da Organización de Nacións Unidas (ONU) escolleu este día para conmemorar e facer reflexións sobre a FAMILIA.
A celebración do día internacional da Familia trata, entre outros os obxectivos seguintes:


  • A importancia da familia na estrutura do núcleo familias e a súa relevancia na base da educación infantil
  • Reforzar a mensaxe de unión, amor, respecto e comprensión necesarias para a boa relación de todos os elementos que compoñen a familia.
  • Chamar a atención da población para que considere a importancia da familia como núcleo vital da sociedade,  e que se recoñezan os seus dereitos e responsabilidades
  • Sensibilizar e promover o coñecemento relacionado coas cuestións sociais.
Son as familias, as que nas circunstancias que veñen dadas pola pandemia de Covid 19, están a desenvolver un papel fundamental para a sociedade é que non sempre se ten en conta como se debería. Estoume a referir aos COIDADOS. É o núcleo, por excelencia que se ocupa da infancia e das persoas maiores. Isto sucede agora e sempre. O tempo para os coidados  demasiadas veces está condicionado polas amplísimas xornadas de traballo presencial que dificultan a conciliación e a calidade de vida que todas as familias necesitan e merecen. 
Neste día é importante facer unha reflexión sobre a necesidade dun compromiso cos coidados por parte da sociedade no seu conxunto. Os coidados teñen un valor enorme a nivel económico, que non está recoñecido. As familias precisan de tempo para poder compartir e vivir cos nenos e nenas, coas avoas e avós...para coidalos e o valor deses coidados ten que ser corresponsabilidade da sociedade.
Hai múltiples modelos de familias: numerosas e mínimas, con moitos fillos e con poucos, sen fillos, con vínculos de sangue e sen eles...Todas teñen algo moi importante en común: O AMOR entre as persoas que compoñen a familia. Se o amor non está  non se podería chamar familia
Despois desta reflexión anímovos a falar cos vosos fillos e fillas sobre o tema dos coidados e dos diferentes tipos de familias. Despois se queren...
As nenas e nenos poderían facer un debuxo da súa familia.
Podemos utilizar 2 folios en horizontal para que o papel sexa o suficientemente longo, se é que temos moitas persoas que poñer, ou utilizar un papel máis curto se a familia é máis reducida. Non esquezades poñer quen é cada quen
ESPERO VER DEBUXOS DE MOITAS FAMILIAS


ARTAI


HUGO

CARLOS
BREIXO

IZAN

LUCÍA G.

LUCÍA B 1

LUCÍA B 2

LUCÍA B 3

No hay comentarios:

Publicar un comentario