PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



miércoles, 20 de mayo de 2020

MIRADE QUE INVENTOS FIXESTES

Para crear algo precisamos da imaxinación e a creatividade, que se incrementan co coñecemento e que ademais favorecen a aprendizaxe de conceptos novos e a relación do pensamento cos saberes que xa temos. 
O traballo das máquinas, que estaba previsto facer na aula neste 3º trimestre foi, sen dúbida, unha proposta complexa que sabía que vos levaría tempo e axuda.
Non podo estar máis entusiasmada cos resultados: SON ESTUPENDOS. MIRADE

MÁQUINA DE AROA PARA INVENTAR SOÑOS.


Para entender como funciona hai que fixarse nos números
O 1 é unha cámara para detectar o soño que a persoa vai pedir 
O 2 é unha man que se pon verde ou vermello dependendo de se o soño é bo ou malo
Cando o soño é bo, levántase a barreira, que ten o nº 3 e ábrese automáticamente a porta, nº 4, para que a persoa poda pasar.
O nº 5 é unha cinta na que a persoa se tumba e toca o botón vermello que é o nº 6 para comunicarse por un micrófono e altavoz, nº 7 cunha persoa que sae na pantalla nº 8,
Por fin sae pola porta 9 e terá que esperar ata o día seguinte a ver se o seu soño se cumpre ou non. Por certo esta máquina é eléctrica e ten que enchufarse nº10

Creo que esta máquina refírese a soños que son como desexos, aínda que tamén estaría guai que servise para non ter pesadelos pola noite. Que vos parece?. Mola un montón Aroa é unha idea xenial e o debuxo encántame. 
As tres máquinas que encontrou Aroa son estas: LAVADORA, TELÉFONO E SECADOR DO PELO










Imos agora con outra máquina a ver que vos parece

MÁQUINA COPIADORA DE MACETAS E INVERNADOIROS DE ARTAI

Hai unha cámara que saca fotos e está unida cun cable á copiadora. Métese o barro pola porta verde e vai por uns tubos uqe ten a máquina dentro e vai saíndo unha macerta polo burato redondo verde.
Pódense meter tubos de plástico polo burato cadrado rosa e tamén vai por uns tubos e sae plástico para invernadoiro polo burato redondo rosa.
A máquina ten rodas para transportala porque as macetas poden pesar moito.
A cámara tamén serve para copiar outras cousas. Por exemplo se hai unha roda pinchada podes sacar unha foto e saen catro rodas.
A mín paréceme xenial a túa máquina copiadora. Como se nota que estás moi comprometido co teu horto. Incluso creo que ese uso de facer rodas cando se necesite tamén é moi interesante. 
Teño unha pregunta: Se a cámara saca unha foto de Artai tamén sairía outros Artais polos buratos?
Artai atopou estás máquinas:
MOTOSERRA: serra para cortar leña
SERRA DE MESA CIRCULAR: serve para cortar táboas.
Estas máquinas son bastante difíciles de utilizar e sempre ten que usalas unha persoa maior con moito coidado. NUNCA OS NENOS E NENAS











MÁQUINA DE BREIXO PARA  FACER CARTOS 

Breixo explícanos na foto en que consiste a súa máquina. Necesita papel para facer os billetes, nº 1. No nº 2 hai unha manivela á que habería que darlle voltas. O nº3 é un depósito de tinta para que o papel se marque. e así sairía o billete xa feito, nº 4.

Paréceme xenial a túa máquina Breixo. Imaxínaste que a iutilizásemos para facer os billetes que necesitan todas as persoas que non poden traballar, ou para axudar aos nenos e nenas que non poden ter o necesario para ser felices? Estaría ben verdade?
As máquinas que Breixo atopou son estas. Está moi ben Breixo











MÁQUINA DE HUGO PARA FACER DEBERES

Esta máquina que inventou Hugo é un robot para facer os deberes. Ten varias partes que son
nº 1 Ollos para ver os deberes
nº 2 Son uns botóns para escoitar que é o que ten que facer
nº 3 Boca para comunicarse
nº 4 Bandexa para poñer os deberes de letras e números
nº 5 Bandexa para poñer os debuxos que haxa que pintar
nº6 Son as mans que fan os deberes.
nº 7 Lugar para poñer as pilas
nº 8 É o botón para enceder o robot.


Un robot para facer os traballos da escola. A verdade é que tes moita imaxinación.
Eu teño unha pregunta para que penses:
Se é o robto o que fai os debuxos e os números e as letras, como vas a aprender tí ?
As máquinas que Hugo atopou son éstas: 
ELEVADOR: serve para levantar os coches para poder reparalos
MÁQUINA DE CAMBIAR RODAS: Serve para quitar o aire ás rodas e poder cambialas por outras.
MICROONDAS: Electrodoméstico que serve para quentar comidas: leite, auga...












MAQUINA DE IZAN: DESTRUCOVID

Esta máquina que inventou Izan serve para ver e destruír o coronavirus.
Temos que encendela e ten unha cámara que é a que ten o botón vermello. Esa cámara serve para buscar o virus e cando o atopa as bombillas emiten un raio azul que é o que o destrúe porque é ultrasónico. A cámara tamén saca fotos de como é o virus e podemos velas na pantalla que é o rectángulo das cruces.

Nestes momentos Izan sería fantástico ter unha máquina como a túa. As máquinas invéntanse para que poidamos vivir mellor e agora poder desfacernos do coronavirus estaría xenial.
As máquinas que atopou Izan son estas

CAFETEIRA: serve para facer café
MICROONDAS: serve para quentar comida e bebida
LAVADORA: serve para lavar a roupa
IMPRESORA: serve para poder poñer no papel o que temos nun ordenador: escritura, debuxos, fotos...

Sabedes que hai unhas impresoras que son 3D. Son capaces de facer cousas. En lugar de utilizar tinta usan unha especie de fío de plástico que se vai colocando na forma que está deseñada no ordenador. Sería como a da foto esta


MÁQUINA DE SABELA: BOLBORETA FAI O QUE QUEIRAS


Esta máquina que se chama Bolboreta fai o que queiras fai un montón de cousas.Ten unhas ANTENAS para escoitar o que lle mandan. Tamén ten OLLOS para ver, NARIZ para respirar e BOCA para poder falar. Ten PATAS para camiñar pero tamén RODAS para desprazarse a outros sitios. Na parte de arriba ten uns ASENTOS para poder levar á xente a onde queira ir o que é moi útil para viaxar. Pero tamén ten uns BRAZOS que serven para coller cousas ás que non lle chegamos (chicles, comida e outras cousas que lle pidan) Pero tamén esta máquina ten na parte de abaixo a esquerda un PORTO para poder cargar o que queiras. 
Penso que esta máquina é estupenda. Sabela pensouna para a súa familia pero a que sería guai que todas e todos tivéramos unha?.Mola un montón
As máquinas que Sabela atopou son estas
DESPARAFUSADOR. Serve para aparafusar ou desaparafusar. Sabela debuxouno moi ben. Ten un mango para agarralo e colócase a parte de metal sobre un parafuso e hai que xirar a man cara á dereita facendo forza para que se enganche ou cara a esquerda para que saia.

SERRA. Serve para cortar madeira ou outros materiais. Esta non ten motor, necesitamos movela para que poda cortar.


BATEDOR. É un utensilio de cociña que serve para mesturar alimentos. Funciona con electricidade por iso Sabela debuxou o cable e o enchufe.





MÁQUINA DE MINIA: ATACORDÓNS

Minia inventou unha máquina para atar os cordóns dos zapatos. 
A máquina ten uns brazos que enganchan os cordóns e os atan.
Fixádevos na foto seguinte porque case que se ve como funcionaría.

A mín paréceme unha boa idea sobre todo para os nenos e nenas moi pequenos que aínda non saben atarse os cordóns dos tenis. Tamén estaría ben para as persoas moi maiores que non poden anicarse e non lles chegan aos zapatos.
Non explicas moi ben como funciona pero supoño que tería pilas e algún botón para encendela e que se moveran os brazos.











As máquinas que atopou Minia son as seguintes:
MÁQUINA DE COSER: serve para unir teas mediante un fío para poder elaborar roupa
LAVADORA: serve para lavar roupa
TALADRO: serve para facer buratos nunha superficie na que se necesite poñer cousas.













MÁQUINA DE LUCÍA G.: VISTE MUÑECAS


Esta máquina serve para poder poñerlle a roupa ás "muñecas". Ten unha torre e tres brazos. Dos brazos poñen a roupa por abaixo e o terceiro encárgase de ir colocando a roupa ben a medida que se vai metendo.
Penso que Lucía tivo algunha vez o problema que tamén temos na clase ás veces. De súpeto todas as monecas están espidas e ninguén quere poñerse a vestilas porque é moito traballo. Pero a verdade é que a todos e a todas nos gusta que as monecas estean ben vestidas porque son máis chulas. 
Non explicaches moi ben como funciona, así que penso que debe ser con pilas que se colocan na torre porque non ten cable nin enchufe. Tampouco sei se ten un botón para encender. A idea é xenial Lucía.

As máquinas que atopou Lucía G son estas:

MICROONDAS: úsase para quentar ou cociñar alimentos
EXPRIMIDOR: utilízase para sacar o líquido dalgunhas froitas e poder facer zume
ASPIRADOR: utilízase para sacar do chan pó ou pequenas cousas como farangullas de pan ou pedaciños pequeniños de papel, fíos... que caeron. É unha máquina de limpar








E agora imos cunha cousa moi curiosa que sucedeu. Resulta que Paula e Lucía B inventaron unha máquina para a mesma cousa pero son ben diferentes, xa veredes

MAQUINA DE PAULA PARA FACER ARCOS DA VELLA


Paula non explica como funciona. Parece unha bola grande con colores que ten un tubo polo que saen os arcos da vella.
Paula é unha pena que non expliques como funciona. Que é o que hai que facer para que poda saír ese arco da vella tan bonito. Ao mellor eses círculos son botes que botan pintura, quen sabe?

As máquinas que Paula encontrou son estas:


BATEDORA: serve para mesturar alimentos
MAQUINA DE CORTAR HERBA: serve para cortar a herba do chan.
MATRAQUILLO: é unha máquina que cun motor  e un so eixo de rodas que ten dous brazos para guialo. Pode engancharse nel diferentes cousas: remolque, pequeno arado, ferramenta para levantar pedras da terra...













MÁQUINA "ARCOIRIS" DE LUCÍA B


A máquina que creou Lucía B ten un tubo 1 polo que entra a luz do sol e un tubo 2 polo que entra a auga. Dentro mestúranse  todo na parte central que se chama creadora e sae polo tubo de saída o "arcoiris"
Lucía para contarnos como funciona mandou este vídeo

As máquinas que atopou Lucía B son estas:
TABLET: serve para aprender cousas e ver vídeos. 
MÓBIL: serve para mandar wathsapps, para falar, mandar correos electrónicos e moitas outras cousas.
LAVADORA: serve para lavar a roupa
TELE: serve para ver debuxos animados e outras moitas cousas como informativos, películas, programas, series...



ATA AQUÍ O VOSO TRABALLO DAS MÁQUINAS QUE SO PODO DICIR QUE É 
IMPRESIONANTE






No hay comentarios:

Publicar un comentario