Fixádevos que ten unha parte circular no centro e todos os pétalos son iguais.
Ten que ser unha flor de papel, non de cartulina nin de cartón. Valen folios normais
Podedes pintar os pétalos e poñer o voso nome na parte do círculo. Quen non queira pintala porque lle da moito traballo pode pedirlle a HUGO o seu robot para facer deberes a ver se ten sorte. JI JI JI
Cando a teñades feita tedes que dobrar os pétalos para dentro, empezades nun e seguides polo que está ao seu lado ata ter a flor cerrada de todo. Máis ou menos como está nesa foto.
Agora ides necesitar un prato dos da sopa para botar auga nel. Tanta auga como se fose sopa para tomar.
E agora colocades moi despaciño a flor cos pétalos cerrados enriba da auga e agardades a ver que pasa.
Contádesmo, vale?
Por certo, no círculo podemos escribir mensaxes para que os lea alguén. A ver como serán os vosos.
PASÁDEO BEN
Esto e moi divertido nos xa o fixemos fai un par de semanas con varias flores no fregadeiro e e mola moito. Bicos
ResponderEliminarA nós o primeiro intento saíunos mal pois colocamos a flor demasiado rápido na auga e enchoupouse toda. Pero no segundo intento puidemos ver como se abrían os pétalos e si que molou moito.
ResponderEliminarMinia maila irman tamen o fieron nun momento do confinamento e sorprendeulles moito. Repetiremolo para intentar sacarlle unha foto.
ResponderEliminarTamen fixeron o de botar auga e pementa no plato e logo cunha gota de xabon do fregadeiro no dedo, metelo no plato e ver que sucedía.
Tamen foi outra sorpresa!!!!