PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



viernes, 22 de mayo de 2020

FIN DE SEMANA CALMADA

Levades moitos días traballando moito, así que toca unha fin de semana máis tranquila.
Imos ver un conto que lle gusta moito a Casimiro. Xa temos visto máis veces a Beatriz Montero contando contos pero creo que este non o vistes nunca.
A ver que vos parece. 


Este conto tamén axuda a repasar os números. Podedes facer nun papel do tamaño de medio folio o voso número favorito ben grande no medio. Despois con grafismos creativos decorades o fondo ben bonito. Conseguiremos ter, entre todos e todas, os números do 1 ao 9? Cantas veces se repetirá algún número?. Repetirase varias veces un número ou varios?.Cal será o número que máis se repita?. Pode que quede algún número sen escoller?

ÁNIMO A VER QUE PASA CON ESES NÚMEROS DECORADOS. COAS VOSAS FOTOS PODO FACER UN VÍDEO PARA SUBIR AQUÍ.

Agora, como sei que na fin de semana seguro que facedes moitas cousas fóra, vouvos poñer un vídeo moi divertido para aprende a relaxarse respirando.
Este peixe globo é moi divertido




Tamén quero que vexades o vídeo que poño abaixo e que despois de velo faledes en familia sobre o que vos parece. Pensades que nos conta algo importante? 
XA ME CONTAREDES







2 comentarios:

  1. Lucía di que cando compartimos e axudamos todo é de colores.

    ResponderEliminar
  2. Helena dixo que todo se volve de cores a as personas estamos máis felices se nos " tratamos ben, coidamos e axudámonos", a que nos Sona iso??

    ResponderEliminar