PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



martes, 5 de mayo de 2020

INVENTAMOS MÁQUINAS

Este vai ser unha proposta que nos vai levar varios días. Espero que esteades preparadas e preparados para un traballo un pouco máis complicado.
Seredes capaces?. Eu creo que si sempre que vos concentredes,  teñades paciencia e fagades funcionar a cabezota. Lembrade o que temos no horario da clase:
PENSAR E TRABALLAR
Este vídeo da fábrica de Carmela conta a historia de como inventa máquinas.

Nós imos pensar e facer unha lista de 3 ou 4 máquinas que coñecemos e para que sirven.
Podedes escribir vós o nome e mamá ou papá, para que sirven.
Esta vai ser a primeira tarefa que imos facer:

  • Unha lista de polo menos tres máquinas diferentes. Por certo, se queredes debuxalas tamén podedes e así estaría aínda mellor

Pero hai máis cousas que facer. 

  • PENSAR nunha maquina que nos gustaría ter a nós para algunha cousa. Pensar moito moito. 

Normalmente as máquinas fan cousas para que teñamos unha vida máis fácil, máis divertida, máis saúdable, máis cómoda. 
Cando pensedes para que serviría a máquina, cando e como a poderíades usala entonces tedes que;

  •  IMAXINAR como sería e como se chamaría.

A seguinte cousa que hai que facer é:

  •  UN BOCEXO DA MÁQUINA con todas as súas partes moi claras para que se poda entender. Co bocexo podedes explicarlle a mamá ou a papá como funcionaría a vosa máquina e ao mellor danvos algunha idea para mellorala.

Cando xa saibades como será entonces chega o:

  • DEBUXO DEFINITIVO. O máis grande posible para que se vexa ben e repasando co rotulador todo ben feito. 

Para rematar hai que:

  • EXPLICAR como funciona así que toca que escriban os maiores o que vós digades. Podedes axudarvos poñendo números nas distintas partes da máquina para que se entenda mellor como funciona.

QUE TEDES QUE MANDARME?.-
A lista das 3 ou 4 máquinas que coñecedes escrita por vós (como sexades capaces)
O bocexo da máquina que imaxinades
O debuxo da máquina final, como se chama e como funciona. (coa axuda de mamá ou papá se a precisades)
Despois eu, cando as teña todas todas todas todas farei un vídeo chulo con todas as máquinas inventadas.
Por certo, Casimiro tamén quere facer a súa máquina. De que será? 

Como este traballo ten moitas partes diferentes e hai que pensar moito ímolo facendo pouquiño a pouco. Facemos unha cousa, deixámolo para outro momento ou outro día. Pode levarnos varios días, non importa. Seguimos facendo outras cousas e volvemos á inventar a máquina cando se nos ocorra algunha idea e teñamos tempo de traballar ben. Así é como o facemos na clase. Recordades que temos unha caixa con traballos sen rematar na que gardamos cousas que despois volvemos outra vez a collelas noutro momento?. Pois o mesmo.
Para que teñades tempo suficiente imos poñer o 18 de maio como día de mandar os traballos.




ÁNIMO INVENTORAS E INVENTORES DE MÁQUINAS...
 A IMAXINAR




No hay comentarios:

Publicar un comentario