PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



martes, 5 de mayo de 2020

GRAFISMO CREATIVO

Que será eso do grafismo creativo?
Casimiro estivo investigando e atopou cousas moi chulas, así que se puxo a probar cos meus rotuladores e a verdade é que creo que toleou.
Mirade:

















A que toleou?
O caso é que me contou que o pasou moi ben facendo isto e que ademais así se relaxa moito.
Propóñovos facelo a ver que me contades. Non ten que ser tooodo o que fixo Casimiro nin da mesma cor nin coas mesmas formas.


Trátase de repetir un modelo:

raias horizontais
raias verticais
raias inclinadas cara a un lado ou cara a outro
raias curvas 
espirais
cículos
ondas
con picos 

Coas follas de libreta que teñen cadradiños tamén se poden facer grafismos creativos moi chulos. Mirade


QUE TEDES QUE FACER?: POIS UN GRAFISMO CREATIVO COMO VÓS QUEIRADES PROCURANDO FACELO MOI BEN, TODAS AS RAIAS BEN FEITIÑAS
PODO POÑERVOS AQUÍ ALGUNHA PLATILLA PARA QUE POIDADES PRACTICAR PERO TAMÉN PODEDES INVENTALAS VÓS




ÁNIMO CHICAS E CHICOS QUE SEGURO QUE MOLAN UN MONTÓN OS VOSOS GRAFISMOS



No hay comentarios:

Publicar un comentario