Eran parecidos aos que fixemos estes días cos cadros e cos títulos dos contos.
A profe Begoña púxo na páxina web do cole un reto matemático.
Póñovos aquí o enlace para que practiquedes e o pasedes ben. Xa me contaredes como vos vai
BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.
Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.
Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.
Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.
Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.
Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.
As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices
Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.
Estes tamén os fixo. Están moi ben!!!!
ResponderEliminarHugo tamen os fixo, levoulle o seu tempo, pero gustoulle
ResponderEliminarMateo costoule bastante e levoulle tempo,pero pouco a poco fomos facendos.
ResponderEliminarA breixo gustalle este tipo de xogos, hoxe empezamos a facelos, os de restar costalle mais así q lle mando usar os dedos.
ResponderEliminarIzan está encantado con estas actividades xa que pode estar ca tablet. Fixo en 2 partes pero gustoulle moito e di que e moi fácil.
ResponderEliminarA PAULA gustoulle moito e fixoos moi ben
ResponderEliminarA Paula gustoulle moito e fixoos moi ben
ResponderEliminar