AROA |
BREIXO |
HELENA |
HELENA |
HUGO |
IZAN |
LUCÍA B |
MATEO |
LUCÍA P. |
LUCÍA P. |
CARLOS |
ARTAI |
SABELA |
LUCÍA G, |
A mín parécenme moi divertidos. Traballastes moi ben e se os puxéramos todos xuntos sería un cadro xenial.
BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.
Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.
Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.
Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.
Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.
Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.
As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices
Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.
AROA |
BREIXO |
HELENA |
HELENA |
HUGO |
IZAN |
LUCÍA B |
MATEO |
LUCÍA P. |
LUCÍA P. |
CARLOS |
ARTAI |
SABELA |
LUCÍA G, |
Pufff Breixo creo q pensa demasiado 😀cada día unha maquina diferente, haber con cal se queda
ResponderEliminarA Minia solo se lle ocorren máquinas que xa están inventadas!!!!!
ResponderEliminar