PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



martes, 19 de mayo de 2020

TOCA CONTO

Como sei que vos gusta moito que vos lea contos, hoxe gravei un moi chulo que se titula ELMER E WILBUR. É un conto escrito por David Mc Kee 
Estes contos que vos leo son de cando a miña filla Adela era pequena, e aínda que agora é unha chica maior aínda garda na miña casa toda a súa coleción de contos. Así eu podo lérvolos a vós.
Espero que vos guste.

6 comentarios:

  1. Minia veu o vídeo 3 VECES SEGUIDAS!!!. A sua primeira frase foi: Quen é esa?
    Non che reconoceu ata que che escoitou e veu as formas de colocar as gafas :)))
    - Nunca a vin vo pelo tan corto.

    ResponderEliminar
  2. Minia leva todo o dia preocupada e con moitas dudas DONDE ESTÁ PEPE?
    Está contigo na tua casa? Ou quedou na clase? Quen o está coidando?
    Logo de 2 meses acordoulle hoxe!!

    ResponderEliminar
  3. A Izan tamen lle gustou moito. Grazas

    ResponderEliminar
  4. A Breixo gustoulle o conto pero creo q mais lle gustou a Valeria q sempre me pide ver o conto de Ana, esta deseando ir ao cole de Ana como ela di 😁

    ResponderEliminar