PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



lunes, 16 de noviembre de 2020

POEMA DO OUTONO

 O OUTONO TEN SONO

NON PODE DURMIR

PONLLE UNHA MANTIÑA

QUE SE QUEDA AXIÑA

SEREO E FELIZ

Este poema é de Antonio García Teijeiro, do seu libro "As catro estacións", editado por Galaxia.

Gústame tanto que vou dar unha idea. A ver se somos quen de aprendelo de memoria e recitalo. Despois podemos ver como lle sería esa mantiña que lle podemos facer ao outono.

Sabedes unha cousa, a Casimiro gústalle moito o outono porque lle encanta xogar coas follas das árbores. Ten unha colección de fotos chulísimas que nos prestou para que as poidéramos ver.  Gústanvos?





























Agora podemos ver e sobre todo escoitar a música deste vídeo, é a música de o OUTONO DE VIVALDI. Un músico que tamén fixo música para as outras estacións do ano: inverno, primavera e verán.



NOS INICIOS

 O periodo de adaptación este curso foi o inicio da creación do grupo de Infantil B esta promoción.

Tiñamos que coñecernos e aprender moitas cousas. Un contexto diferente con normas distintas e moitas cousas para explorar.

Afacerse a estar sen mamá e papá e confiar noutras persoas. 

Houbo un pouco de todo: algún choro, algunha rabecha, un casi nada de angustia, moitas risas, e moitas novidades cada día.

Lembramos aqueles días nos que xogar, falar e iniciar as rutinas era case que o único que facíamos.

Aquí podemos velos a todos e todas xogando con diferentes cousas e aprendendo a utilizar a pantalla sen tocala. A que parece que pasou moito tempo. Xa medraron un montón