PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



lunes, 11 de mayo de 2020

CÍRCULO CROMÁTICO

Xa sabedes que na páxina web do cole facemos propostas para todos os nenos e nenas de infantil.
Esta a mín gústame especialmente porque me parece moi divertida para que a fagades. Por iso é que vola poño aquí para que vos animedes.
Podedes ver este vídeo que vos conta o que é un círculo cromático



Agora imos ao divertido de verdade.
Imos buscar pola casa cousas das diferentes cores e imos construír no chan un círculo cromático grande. Cando o teñades facedes nun folio un debuxo ben bonito da vosa cara e poñedes o voso nome. Despois que mamá ou papá tire unha foto e listo.
Podemos usar moitas cousas para construír o círculo: roupa, xoguetes, caixas de alimentos, pezas de construción, peluches, xoguetes, cousas que haxa por fóra...
Ah! unha cousa MOI IMPORTANTE: 
DESPOIS HAI QUE VOLVER POÑER CADA COUSA NO SEU SITIO, VALE?
ÁNIMO! A POR ESES ORIXINAIS CÍRCULOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario