PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



viernes, 15 de mayo de 2020

17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Na páxina web do cole, esta semana puxémosvos unha proposta sobre o autor ao que se lle adica este ano o día das Letras Galegas: Ricardo Carvalho Calero. 
Foi un escritor moi importante que naceu na cidade de Ferrol. Estudou moito e sabía moitas cousas sobre o idioma galego. Foi o primeiro Catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago. Escribeu moitos libros de moitas cousas: poesía, teatro, narrativa.
Para nenos hai unha historia sobre unhas pitas que se mollan que mola moito. Parece ser que foi unha cousa que lle pasou a el cando era pequeno.
Deíxovos aquí o vídeo a ver se vos gusta.
TITÚLASE: AS PITAS BAIXO A CHUVIA



Se vos gustou o vídeo FACEDE UN DEBUXO DUNHA GALIÑA. TEN QUE SER MOI CHULO. PODEDES POÑERLLE COUSAS PARA FACERLLE AS PLUMAS. QUE VOS PARECE A IDEA?.
ÁNIMO: CO, COCO, CO, COCO CO...
CARLOS


AROA

HUGO
LUCÍA











MATEO

IZAN
ARTAI

BREIXO
LUCÍA B.


No hay comentarios:

Publicar un comentario