O outro cos vosos números favoritos.
Espero que vos gusten. A verdade é que se repetiron varios e faltaron algúns. Casimiro e eu fixemos os que faltaban.
A VER SE VOS GUSTA
BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.
Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.
Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.
Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.
Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.
Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.
As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices
Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.
A Lucía gustoulle moito o vídeo dos números favoritos, ver o seu e o dos demais.
ResponderEliminarO primeiro vídeo xa o coñeciamos, mola moito María Fumaça!!! Creo que temos todos os seus discos...
Grazas Ana, gustounos moito o video.
ResponderEliminarmoi bonito o video,a Mateo encantoulle,gracias.
ResponderEliminar👏👏Gracias, a Breixo gustalle ver os traballos dos seus compañeiros.
ResponderEliminarMoitas graciass, a Helena gustoulle moito 👏👏👏
ResponderEliminar