PROMOCIÓN 2020/2023
BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.
Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.
Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.
Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.
Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.
Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.
As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices
Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.
miércoles, 29 de abril de 2020
MÁIS MATEMÁTICAS
Todos e todas sodes moi maiores e como eso das sumas xa o fixemos moitas veces na clase, seguro que vos ides a lembrar de como era.
Aquí tedes unha flor que ten un código para poder pintala.
Temos que facer a suma dos dous números de cada pétalo e despois temos que mirar que color ten ese número.
Para que poidades facelo con máis facilidade lembrade: NUNHA MAN....NA OUTRA MAN.... E LOGO XUNTO E CONTO TODO
Fágovos un pétalo faciliño: NUNHA MAN 1 NA OUTRA MAN 1. XUNTO AS MANS E CONTO 1+1 =2. Vou mirar de que cor é o 2 e resulta que é rosa. Entón xa sei de que cor teño que colorear o pétalo.
A flor é moi faciliña de debuxar para quen non teña impresora. Se non é unha flor pode ser outra cousa que vos guste máis. ÁNIMO QUE SEGURO QUE PODEDES.
POR CERTO!. NON ESQUEZADES VER AS ENTRADAS ANTERIORES QUE FUN SUBINDO MÁIS FOTOS QUE FORON CHEGANDO.
Feitoo!!
ResponderEliminarA flor foi fácil de debuxar nunha folla e a Minia resultoulle doado e divertido.
ResponderEliminar