PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



domingo, 31 de mayo de 2020

HOXE TOCA ESCRIBIR

Nesta actividade que vos poño aquí tedes que mover as letras para poñelas no seu sitio. Lembrade que non sobra ningunha e pensade antes de facer

Como seguro que estades cansos de tanto pensar vouvos deixar unha páxina web para que o pasedes ben pintando con area de colores. 


viernes, 29 de mayo de 2020

30 XOGOS DE MATEMÁTICAS

Lembrades que cada luns a metade da clase ía coa profe Begoña á clase do lado e a outra metade quedaba comigo e despois cambiábamos?. Era para que tiverades a oportunidade de traballar coas tablets en xogos de matemáticas e tamén de escritura e lectura.
Eran parecidos aos que fixemos estes días cos cadros e cos títulos dos contos.
A profe Begoña púxo na páxina web do cole un reto matemático.
Póñovos aquí o enlace para que practiquedes e o pasedes ben. Xa me contaredes como vos vai







jueves, 28 de mayo de 2020

INSTRUMENTOS MUSICAIS

Estes días entre as contas do ábaco de pinzas, os títulos dos contos e os cadros de Picasso estamos traballando moito. 
Hoxe toca xogar a facer instrumentos musicais. Mirade os da foto que chulos son
Están feitos con botes de iogur bebible, con cousas dentro. 
Podemos utilizar outros envases como os de zume, a caixa de pasta de dentes, cartóns do papel de cociña ou pepel hixénico. Tamén podemos meter dentro: area, paus ou pedriñas pequenas, arroz... Cada elemento que metamos terá un son diferente.

ESPERO VELOS BEN CHULOS



miércoles, 27 de mayo de 2020

PROBA DO QUE SABEDES

ANTES DE NADA DÚAS COUSAS: 
NA ENTRADA DE "ASÍ SOMOS" QUE É DE ABRIL ENGADÍN COUSAS NOVAS. INTENTO FACELO CANDO XA PUBLIQUEI TRABALLOS E CHEGAN OUTROS. LÉVAME TEMPO PERO INTENTO NON DEIXAR A NINGUÉN ATRÁS. BOTADE UN VISTAZO
ESTOU AGARDANDO POLO NÚMERO FAVORITO DALGÚNA NENA E DALGÚN NENO E CANDO OS TEÑA VOUVOS POÑER UN VÍDEO MOI CHUL
E AGORA O DE HOXE

Xa vin que vos gustou moito o xogo dos contos que non tiñan título. Alégrome de que vos gustase tanto Pensei que que podemos probar con outro
Hoxe o que vos propoño é xogar con cadros de Picasso, pero desta vez moito máis difícil.

Picasso fixo moitos autorretratos, xa sabedes: debuxarse a el mesmo.
Fixo autorretratos nos primeiros anos, na época azul, na época rosa, na cubista e nos últimos anos. 

PROBADE A VER CANTO SABEDES. Fixádevos ben e lembrade como pintaba en cada momento. 



martes, 26 de mayo de 2020

LEMBRAMOS COUSAS DE PICASSO

Lembrades que Picasso empezou a pintar cando era moi novo e desa época son os cadros como:
Home con boina                                                                                Ciencia e caridade









Despois desta época é cando marcha a París co seu amigo Casagemas e alí coñece moitos pintores e artistas. Pero non é quen de vender o seus cadros e está triste. Ademáis morre o seu amigo e a tristeza nótase nos seus cadros. Ë a ÉPOCA AZUL. Son cadros tristes e usa moito a cor azul
Mendigos á beira do mar
                                                   Arlequín pensativo


Pouco tempo despois coñece a unha muller que se chama Fernande Olivier e se enamora. Deixa de estar triste e empeza a interesarse por cousas relacionadas co circo. É a ÉPOCA ROSA. Cadros como 

 Arlequín a cabalo 

                                     Retrato da señora Casals








Despois deste momento Picasso ve unhas esculturas africanas e queda moi impresionado. A partir deste momento empeza a interesarse por pintar doutro modo. Analiza a imaxe como se tivera pequenos cachiños que despois el reorganiza. É a ÉPOCA CUBISTA
Desta época o cadro máis importante é 
As señoritas de Avinong

Pero fixo moitísismos máis. De feito o cubismo influe de tal modo en Picasso que se pode ver en toda a súa obra a partir de aquí.

Tamén nesta época pinta un dos cadros máis importantes e máis recoñecidos no mundo. Un cadro que mide máis de 5 metros e que representa os horrores dunha guerra e dun bombardeo sobre unha pequena cidade.
Trátase do
GUERNICA


Despois da época cubista Picasso empezou a interesarse pola forma das esculturas clásicas, as que parecían persoas reais. A súa pintura cambiou en comezou a facer cadros de persoas cos brazos e as pernas grandes.
Son cadros desta época, que se chama CLÁSICA son por exemplo estes

Mulleres correndo pola praia


                                     A frauta de pan





Como xa sabedes todas e todos Picasso foi un pintor moi famoso. Pintou moitísimos cadros diferentes. 
Vós fixestes un lenzo na clase que vos quedou xenial.
Póñovos algúns aquí






















Para rematar esta información sobre Picasso quero contarvos algo, do que vos falei, pero  que ao mellor non lembrades. 
Picasso era un artista capaz de facer cadros moi fermosos pero pensaba que as mulleres naceran para sufrir e por tanto nunca tratou ben ás mulleres que viviron ou casaron con el. Chegou a facerlles a súa vida moi complicada e cando as deixaba moitas delas estaban realmente moi tristes, cando non enfermas. Houbo moitas mulleres na vida de Picasso e fixo moitos cadros inspirados nelas. 
Esta historia o que nos ensina é que era un artista xenial pero un home realmente detestable.

AGORA VOUVOS PROPOÑER UNHA COUSA.
Imos ver o que é no chan a superficie de dous cadros.
As señoritas de Avignon mide 244 cm x 234 cm. 
Arlequín Pensativo mide 116 cm x 90 cm.
Para facelo necesitades fío ou la e un metro. Medides o lado máis longo dúas veces. Medides o lado máis curto dúas veces
Colocades os fíos no chan formando un RECTÁNGULO
e atades as catro esquinas. O sitio que queda no medio sería a superficie que ocuparía o cadro.




lunes, 25 de mayo de 2020

CONTOS SEN TÍTULO

Imaxinade que desaparecen os títulos dos contos. Seríades quen de colocar cada conto co seu título?
PROBADE A VER SE SODES CAPACES DE FACER ESTE XOGO QUE VOS POÑO AQUÍ.
Sae o título dun conto dos que están abaixo. Tedes que intentar ler para acertar en que conto tedes que facer clic 
Xa me contaredes




viernes, 22 de mayo de 2020

FIN DE SEMANA CALMADA

Levades moitos días traballando moito, así que toca unha fin de semana máis tranquila.
Imos ver un conto que lle gusta moito a Casimiro. Xa temos visto máis veces a Beatriz Montero contando contos pero creo que este non o vistes nunca.
A ver que vos parece. 


Este conto tamén axuda a repasar os números. Podedes facer nun papel do tamaño de medio folio o voso número favorito ben grande no medio. Despois con grafismos creativos decorades o fondo ben bonito. Conseguiremos ter, entre todos e todas, os números do 1 ao 9? Cantas veces se repetirá algún número?. Repetirase varias veces un número ou varios?.Cal será o número que máis se repita?. Pode que quede algún número sen escoller?

ÁNIMO A VER QUE PASA CON ESES NÚMEROS DECORADOS. COAS VOSAS FOTOS PODO FACER UN VÍDEO PARA SUBIR AQUÍ.

Agora, como sei que na fin de semana seguro que facedes moitas cousas fóra, vouvos poñer un vídeo moi divertido para aprende a relaxarse respirando.
Este peixe globo é moi divertido




Tamén quero que vexades o vídeo que poño abaixo e que despois de velo faledes en familia sobre o que vos parece. Pensades que nos conta algo importante? 
XA ME CONTAREDES







miércoles, 20 de mayo de 2020

PRIMAVERA DE FLORES

Hoxe vouvos facer unha proposta a ver que me contades despois
Tedes que facer unha flor parecida a esta.
Fixádevos que ten unha parte circular no centro e todos os pétalos son iguais.
Ten que ser unha flor de papel, non de cartulina nin de cartón. Valen folios normais
Podedes pintar os pétalos e poñer o voso nome na parte do círculo. Quen non queira pintala porque lle da moito traballo pode pedirlle a HUGO o seu robot para facer deberes a ver se ten sorte. JI JI JI 
Cando a teñades feita tedes que dobrar os pétalos para dentro, empezades nun e seguides polo que está ao seu lado ata ter a flor cerrada de todo. Máis ou menos como está nesa foto.

Agora ides necesitar un prato dos da sopa para botar auga nel. Tanta auga como se fose sopa para tomar.
E agora colocades moi despaciño a flor cos pétalos cerrados enriba da auga e agardades a ver que pasa.
Contádesmo, vale?
Por certo, no círculo podemos escribir mensaxes para que os lea alguén. A ver como serán os vosos.
PASÁDEO BEN






MIRADE QUE INVENTOS FIXESTES

Para crear algo precisamos da imaxinación e a creatividade, que se incrementan co coñecemento e que ademais favorecen a aprendizaxe de conceptos novos e a relación do pensamento cos saberes que xa temos. 
O traballo das máquinas, que estaba previsto facer na aula neste 3º trimestre foi, sen dúbida, unha proposta complexa que sabía que vos levaría tempo e axuda.
Non podo estar máis entusiasmada cos resultados: SON ESTUPENDOS. MIRADE

MÁQUINA DE AROA PARA INVENTAR SOÑOS.


Para entender como funciona hai que fixarse nos números
O 1 é unha cámara para detectar o soño que a persoa vai pedir 
O 2 é unha man que se pon verde ou vermello dependendo de se o soño é bo ou malo
Cando o soño é bo, levántase a barreira, que ten o nº 3 e ábrese automáticamente a porta, nº 4, para que a persoa poda pasar.
O nº 5 é unha cinta na que a persoa se tumba e toca o botón vermello que é o nº 6 para comunicarse por un micrófono e altavoz, nº 7 cunha persoa que sae na pantalla nº 8,
Por fin sae pola porta 9 e terá que esperar ata o día seguinte a ver se o seu soño se cumpre ou non. Por certo esta máquina é eléctrica e ten que enchufarse nº10

Creo que esta máquina refírese a soños que son como desexos, aínda que tamén estaría guai que servise para non ter pesadelos pola noite. Que vos parece?. Mola un montón Aroa é unha idea xenial e o debuxo encántame. 
As tres máquinas que encontrou Aroa son estas: LAVADORA, TELÉFONO E SECADOR DO PELO










Imos agora con outra máquina a ver que vos parece

MÁQUINA COPIADORA DE MACETAS E INVERNADOIROS DE ARTAI

Hai unha cámara que saca fotos e está unida cun cable á copiadora. Métese o barro pola porta verde e vai por uns tubos uqe ten a máquina dentro e vai saíndo unha macerta polo burato redondo verde.
Pódense meter tubos de plástico polo burato cadrado rosa e tamén vai por uns tubos e sae plástico para invernadoiro polo burato redondo rosa.
A máquina ten rodas para transportala porque as macetas poden pesar moito.
A cámara tamén serve para copiar outras cousas. Por exemplo se hai unha roda pinchada podes sacar unha foto e saen catro rodas.
A mín paréceme xenial a túa máquina copiadora. Como se nota que estás moi comprometido co teu horto. Incluso creo que ese uso de facer rodas cando se necesite tamén é moi interesante. 
Teño unha pregunta: Se a cámara saca unha foto de Artai tamén sairía outros Artais polos buratos?
Artai atopou estás máquinas:
MOTOSERRA: serra para cortar leña
SERRA DE MESA CIRCULAR: serve para cortar táboas.
Estas máquinas son bastante difíciles de utilizar e sempre ten que usalas unha persoa maior con moito coidado. NUNCA OS NENOS E NENAS











MÁQUINA DE BREIXO PARA  FACER CARTOS 

Breixo explícanos na foto en que consiste a súa máquina. Necesita papel para facer os billetes, nº 1. No nº 2 hai unha manivela á que habería que darlle voltas. O nº3 é un depósito de tinta para que o papel se marque. e así sairía o billete xa feito, nº 4.

Paréceme xenial a túa máquina Breixo. Imaxínaste que a iutilizásemos para facer os billetes que necesitan todas as persoas que non poden traballar, ou para axudar aos nenos e nenas que non poden ter o necesario para ser felices? Estaría ben verdade?
As máquinas que Breixo atopou son estas. Está moi ben Breixo











MÁQUINA DE HUGO PARA FACER DEBERES

Esta máquina que inventou Hugo é un robot para facer os deberes. Ten varias partes que son
nº 1 Ollos para ver os deberes
nº 2 Son uns botóns para escoitar que é o que ten que facer
nº 3 Boca para comunicarse
nº 4 Bandexa para poñer os deberes de letras e números
nº 5 Bandexa para poñer os debuxos que haxa que pintar
nº6 Son as mans que fan os deberes.
nº 7 Lugar para poñer as pilas
nº 8 É o botón para enceder o robot.


Un robot para facer os traballos da escola. A verdade é que tes moita imaxinación.
Eu teño unha pregunta para que penses:
Se é o robto o que fai os debuxos e os números e as letras, como vas a aprender tí ?
As máquinas que Hugo atopou son éstas: 
ELEVADOR: serve para levantar os coches para poder reparalos
MÁQUINA DE CAMBIAR RODAS: Serve para quitar o aire ás rodas e poder cambialas por outras.
MICROONDAS: Electrodoméstico que serve para quentar comidas: leite, auga...












MAQUINA DE IZAN: DESTRUCOVID

Esta máquina que inventou Izan serve para ver e destruír o coronavirus.
Temos que encendela e ten unha cámara que é a que ten o botón vermello. Esa cámara serve para buscar o virus e cando o atopa as bombillas emiten un raio azul que é o que o destrúe porque é ultrasónico. A cámara tamén saca fotos de como é o virus e podemos velas na pantalla que é o rectángulo das cruces.

Nestes momentos Izan sería fantástico ter unha máquina como a túa. As máquinas invéntanse para que poidamos vivir mellor e agora poder desfacernos do coronavirus estaría xenial.
As máquinas que atopou Izan son estas

CAFETEIRA: serve para facer café
MICROONDAS: serve para quentar comida e bebida
LAVADORA: serve para lavar a roupa
IMPRESORA: serve para poder poñer no papel o que temos nun ordenador: escritura, debuxos, fotos...

Sabedes que hai unhas impresoras que son 3D. Son capaces de facer cousas. En lugar de utilizar tinta usan unha especie de fío de plástico que se vai colocando na forma que está deseñada no ordenador. Sería como a da foto esta


MÁQUINA DE SABELA: BOLBORETA FAI O QUE QUEIRAS


Esta máquina que se chama Bolboreta fai o que queiras fai un montón de cousas.Ten unhas ANTENAS para escoitar o que lle mandan. Tamén ten OLLOS para ver, NARIZ para respirar e BOCA para poder falar. Ten PATAS para camiñar pero tamén RODAS para desprazarse a outros sitios. Na parte de arriba ten uns ASENTOS para poder levar á xente a onde queira ir o que é moi útil para viaxar. Pero tamén ten uns BRAZOS que serven para coller cousas ás que non lle chegamos (chicles, comida e outras cousas que lle pidan) Pero tamén esta máquina ten na parte de abaixo a esquerda un PORTO para poder cargar o que queiras. 
Penso que esta máquina é estupenda. Sabela pensouna para a súa familia pero a que sería guai que todas e todos tivéramos unha?.Mola un montón
As máquinas que Sabela atopou son estas
DESPARAFUSADOR. Serve para aparafusar ou desaparafusar. Sabela debuxouno moi ben. Ten un mango para agarralo e colócase a parte de metal sobre un parafuso e hai que xirar a man cara á dereita facendo forza para que se enganche ou cara a esquerda para que saia.

SERRA. Serve para cortar madeira ou outros materiais. Esta non ten motor, necesitamos movela para que poda cortar.


BATEDOR. É un utensilio de cociña que serve para mesturar alimentos. Funciona con electricidade por iso Sabela debuxou o cable e o enchufe.





MÁQUINA DE MINIA: ATACORDÓNS

Minia inventou unha máquina para atar os cordóns dos zapatos. 
A máquina ten uns brazos que enganchan os cordóns e os atan.
Fixádevos na foto seguinte porque case que se ve como funcionaría.

A mín paréceme unha boa idea sobre todo para os nenos e nenas moi pequenos que aínda non saben atarse os cordóns dos tenis. Tamén estaría ben para as persoas moi maiores que non poden anicarse e non lles chegan aos zapatos.
Non explicas moi ben como funciona pero supoño que tería pilas e algún botón para encendela e que se moveran os brazos.











As máquinas que atopou Minia son as seguintes:
MÁQUINA DE COSER: serve para unir teas mediante un fío para poder elaborar roupa
LAVADORA: serve para lavar roupa
TALADRO: serve para facer buratos nunha superficie na que se necesite poñer cousas.













MÁQUINA DE LUCÍA G.: VISTE MUÑECAS


Esta máquina serve para poder poñerlle a roupa ás "muñecas". Ten unha torre e tres brazos. Dos brazos poñen a roupa por abaixo e o terceiro encárgase de ir colocando a roupa ben a medida que se vai metendo.
Penso que Lucía tivo algunha vez o problema que tamén temos na clase ás veces. De súpeto todas as monecas están espidas e ninguén quere poñerse a vestilas porque é moito traballo. Pero a verdade é que a todos e a todas nos gusta que as monecas estean ben vestidas porque son máis chulas. 
Non explicaches moi ben como funciona, así que penso que debe ser con pilas que se colocan na torre porque non ten cable nin enchufe. Tampouco sei se ten un botón para encender. A idea é xenial Lucía.

As máquinas que atopou Lucía G son estas:

MICROONDAS: úsase para quentar ou cociñar alimentos
EXPRIMIDOR: utilízase para sacar o líquido dalgunhas froitas e poder facer zume
ASPIRADOR: utilízase para sacar do chan pó ou pequenas cousas como farangullas de pan ou pedaciños pequeniños de papel, fíos... que caeron. É unha máquina de limpar








E agora imos cunha cousa moi curiosa que sucedeu. Resulta que Paula e Lucía B inventaron unha máquina para a mesma cousa pero son ben diferentes, xa veredes

MAQUINA DE PAULA PARA FACER ARCOS DA VELLA


Paula non explica como funciona. Parece unha bola grande con colores que ten un tubo polo que saen os arcos da vella.
Paula é unha pena que non expliques como funciona. Que é o que hai que facer para que poda saír ese arco da vella tan bonito. Ao mellor eses círculos son botes que botan pintura, quen sabe?

As máquinas que Paula encontrou son estas:


BATEDORA: serve para mesturar alimentos
MAQUINA DE CORTAR HERBA: serve para cortar a herba do chan.
MATRAQUILLO: é unha máquina que cun motor  e un so eixo de rodas que ten dous brazos para guialo. Pode engancharse nel diferentes cousas: remolque, pequeno arado, ferramenta para levantar pedras da terra...













MÁQUINA "ARCOIRIS" DE LUCÍA B


A máquina que creou Lucía B ten un tubo 1 polo que entra a luz do sol e un tubo 2 polo que entra a auga. Dentro mestúranse  todo na parte central que se chama creadora e sae polo tubo de saída o "arcoiris"
Lucía para contarnos como funciona mandou este vídeo

As máquinas que atopou Lucía B son estas:
TABLET: serve para aprender cousas e ver vídeos. 
MÓBIL: serve para mandar wathsapps, para falar, mandar correos electrónicos e moitas outras cousas.
LAVADORA: serve para lavar a roupa
TELE: serve para ver debuxos animados e outras moitas cousas como informativos, películas, programas, series...



ATA AQUÍ O VOSO TRABALLO DAS MÁQUINAS QUE SO PODO DICIR QUE É 
IMPRESIONANTE