PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



martes, 21 de abril de 2020

OUTRA VEZ MATEMÁTICAS. CÓDIGOS PARA ATOPAR O QUEIXO

ESTE É UN XOGO MOI INTERESANTE NO QUE HAI QUE ESTAR MOI CONCENTRADOS. PRIMEIRO DESCARGADES O DEBUXO OU BEN QUE VOLO FAGA PAPÁ OU MAMÁ NUN FOLIO. DESPOIS HAI QUE FACER OS CAMIÑOS
VOUVOS POÑER UN CÓDIGO PARA QUE O SIGADES E SEXADES CAPACES DE LEVAR O RATIÑO ATA O QUEIXO. IMOS MARCANDO PUNTIÑOS NOS CADRADOS E DESPOIS UNIMOS OS PUNTOS  E FACEMOS O CAMIÑO. 

AQUÍ TEDES 3 CAMIÑOS DE DISTINTA COR. SE O FACEDES BEN TODOS TEÑEN QUE CHEGAR DESDE O RATO ATA O QUEIXO.
COMO HAI QUE ENTENDER O CODIGO: O NÚMERO INDICA OS CADRADOS QUE HAI QUE AVANZAR E A FLECHA INDICA CARA ONDE HAI QUE IR.
ÁNIMO E CONCENTRACIÓN












3 comentarios: