PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



miércoles, 22 de abril de 2020

UN POUCO DE TEATRO



A Xanela do Maxín  (grupo de teatro) ofrece unha versión completa dun libro que nos encanta a todas e a todos

A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA

Mola un montón a que sí?

A nós gústanos moito facer teatro e anímovos a facelo na casa coa vosa familia. Que tal o conto do coelliño branco? Ou o dos tres porquiños?
Ánimo que é moi divertido

Lémbrovos que tedes tamén unha proposta na páxina do cole de apuntar refráns, ditos populares, fórmulas de contar  en xogos. Se os avós e as avóas vos aprenden algunha podedes escribila e mandarma
Hai moitos refráns que falan dos meses do ano. Sabedes algún.


4 comentarios:

  1. Breixo encantoulle moitisimoooooo xa conocía o conto pero nunca o había visto en teatro, foi moi entretido.

    ResponderEliminar
  2. O conto é moi chulo. Esta versión en teatro é outra forma de ver a historia.

    ResponderEliminar
  3. O conto é moi chulo. Esta versión en teatro é outra forma de ver a historia.

    ResponderEliminar
  4. Moi bo!! Eu teño que dicir que este conto foi o primeiro preferido dos meus fillos, dos tres, desde moi pequeniños.

    ResponderEliminar