PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



martes, 21 de abril de 2020

ASÍ SOMOS

AROA E A SÚA FAMILIA TERÍAN QUE VIR HOXE Á NOSA CLASE PARA EXPLICARNOS TODO O QUE INVESTIGARON E APRENDERON SOBRE O APARATO CIRCULATORIO. ONTE FIXÉRONME CHEGAR AO CORREO O QUE TIÑAN PREPARADO E EU PEDINLLES PERMISO PARA POÑELO AQUÍ E COMPARTILOS CON TODOS E TODAS VÓS.



Estas fotos dun traballo tan estupendo fixéronme reflexionar sobre este proxecto de "Así somos" 
Cando a principio de curso propuxen que fixeramos un traballo na casa sobre unha temática do corpo humano para vir despois a contarnos como expertos o aprendido, non imaxinaba que nos servira para aprender tantísimas cousas.
Onte pensaba no moito que boto de menos as sesións dos martes coas familias e os nenos e nenas contando con entusiasmo o moito que sabían.
Como eran quen de relacionar os contidos que nos contaban unha semana cos das outras. Como eran quen de facer preguntas relevantes e ofrecer respostas interesantes. Como o grupo se cohesionaba, se facía responsable e asumía con entusiasmo o reto de aprender.
Todo isto, que agora tanto botamos de menos foi posible pola complicidade e colaboración vosa, das familias, que vos implicastes de forma extraordinaria demostrando o acertada que é a foto que preside este blog. 
Moitas grazas a todas as familias
Déixovos un vídeo que enviou onte a familia de Minia, co tema que lle tocaba contarnos na clase. Espero que vos guste
Lucía G. mandou este traballo de ASÏ SOMOS. A súa familia tocáballe vir xusto na semana seguinte a que nos mandaran cerrar o cole por culpa do coronavirus. Eso era alá polo mes de marzo e estabamos aprendendo moito do aparato dixestivo. Lucía viña a contarnos xa todo o funcionamento. e aquí vos poño o material que tiña feito para que o poidades ver.


Seguen chegando traballos do proxecto "ASÍ SOMOS". Nesta ocasión quen nos manda este material tan xenial é Lucía B. e a súa familia. Espero que vos guste porque está moi ben


Hoxe, 9 de xuño, tiñamos que rematar as exposicións do proxecto "Así somos". Helena  era a última en vir e aquí tedes o traballo que fixo coa axuda da súa familia, sobre os nervios 









Artai tiña que estudar  o sangue, as veas e as arterias e aquí podedes ver o moito que aprendeu








Teño que dar as grazas a todas as familias: as que participaron presencialmente e ás que o fixeron a través do blog. Realmente penso que era un proxecto moi interesante que nos permitía achegarnos á información sobre o corpo humano a través de textos informativos. Foi un modo significativo de aprender como se estuda, como se busca, se selecciona e se modifica a información para dar conta do aprendido. FANTÁSTICO!!! GRAZAS POR FACELO POSIBLE.

6 comentarios:

  1. Guauuu!!!! Q bo traballo Aroa e familia, Breixo dime q che diga q esta moi ben e que é moi chuli.

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias a todos. A Aroa fixolle mouta ilusión. Bicos para todos.

    ResponderEliminar
  3. A Izan tamen lle gustou moito,dixo que era moi bonito. Tamen decir que e moi interesante e aprendemos moitas cosas. Gracias a Aroa e a sua familia. Bicos

    ResponderEliminar
  4. A verdade é que quedouvos xenial. Moi bo traballo!!! Noraboa!

    ResponderEliminar
  5. Noraboa a Aroa e a sua familia,un traballo estupendo.

    ResponderEliminar