PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



viernes, 17 de abril de 2020

O SOÑO DE CASIMIRO

Ola todas e a todos. A partir de mañá subirei as fotos tan chulas que mandastes esta semana. Estou moi contenta porque estades participando moito e penso que é un modo de manternos en contacto e seguir aprendendo.
Chega a fin de semana e por iso preparei este vídeo que espero que vos guste porque me deu moito traballo.
Bicos

10 comentarios:

  1. Dios mío!!!!! Ana, quedou xenial. Gustariame que viras rir a Izan encantoulle e veuno varias veces. Que contento quedou o veros a todos. Moitas grazas e moitos bicos a tod@s

    ResponderEliminar
  2. Moi bo traballo, a Helena gustoulle moi,moi,moi,moitísimo!!!
    Palabras textuales de Helena.

    ResponderEliminar
  3. ¡Quedou chulisimo! A Aroa gustoulle moito e encantoulle ver a todos os nenos da clase. Dixo que o conto "o soño de Casimiro" lle recordaba o conto "a que sabe a lúa". Aroa votabos moito de menos, a ti, a Casimiro e os compañeiros. Bicos para todos.

    ResponderEliminar
  4. Un traballo xenial, a Breixo encantalle velo e resultalle moi gracioso poder verse de algunha manera cos seus amigos, pensó q lle trae moitos recordos dos seus amigos. Mil gracias.

    ResponderEliminar
  5. Esta Genial!! Tiago le gusto mucho! Muchas gracias Ana! Tiago le hace feliz poder verte y a los compañeros de alguna manera. Saludos a todos!

    ResponderEliminar
  6. Un traballo estupendo,me encantou un monton dixo Mateo.A verda fixolle moita ilusion ver a profe e todos os seus compañeiros.Gracias

    ResponderEliminar
  7. A nós tamén nos gustou moito!!!!
    Moitas grazas Ana!

    ResponderEliminar
  8. Minia ó igual que os companeiros, o que mais lle gusta é verche.

    ResponderEliminar
  9. Artai di que a lua ule a xogar cos seus amigos no cole.

    ResponderEliminar
  10. Moito me gusta ler os vosos comentarios e saber que as nenas e nenos poden gozar cun vídeo que fixen coa intención de conectarnos dalgunha maneira. Creo que o conseguin un pouco. A min a lúa úleme aos abrazos de cada día

    ResponderEliminar