PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



lunes, 27 de abril de 2020

TRABALLOS DE FROTADO

LUCÍA BLANCO MANDA ESTE TRABALLO DE GOLFIÑOS SALTANDO NO MAR. 


MOI CHULO LUCÍA. ESTES DÍAS QUE NON HOUBO XENTE NAS PRAIAS E MENOS BARCOS NO MAR, SEGURO QUE OS GOLFIÑOS SALTARON COMO OS DO TEU DEBUXO









HELENA MÁNDANOS DOUS TRABALLOS. UN DE MOEDAS E OUTRO DE ANIMALIÑOS DO MAR.   LEMBRO QUE CANDO EU ERA PEQUENA A MIÑA MAMÁ COLOCABA UNHA MOEDA DEBAIXO DUN PAPEL E CUN LAPIS FROTABA ATA QUE APARECÍA O DEBUXO

A MIN PARECÍAME  MAXIA






E HUGO MANDA UNHA COMPOSICIÓN MOI CHULA CON FOLLAS DE PLANTAS. A QUE MOLA UN MONTÓN?

TIAGO FIXO UNHA ÁRBORE E UN SOL E TAMÉN UNS PEIXIÑOS. ESTÁ MOI CHULO


 AQUÍ TEDES O DE BREIXO NAS PROFUNDIDADES DO MAR OS PEIXIÑOS DETRÁS DUNHA REDE E UNHA ALGA MARIÑA.


MIRADE A COMPOSICIÓN ORIXINAL QUE NOS MANDA ARTAI


SODES UNS E UNHAS ARTISTAS







No hay comentarios:

Publicar un comentario