PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



domingo, 19 de abril de 2020

DEBUXOS

ESTE VÍDEO SERVE PARA ANIMARVOS A MANDARME OS DEBUXOS QUE VOS PIDO, PORQUE SODES UNHAS NENAS E NENOS FANTÁSTICOS. MIRADE QUE GUAI


PROMETO FACER OUTRO CO DAS POESÍAS, ASÍ QUE A TRABALLAR CON MOITA ILUSIÓN QUE SODES CAPACES.

4 comentarios:

  1. Que ilusión lle fai a Breixo poder ver o seu debuxo 😀e o dos seus compañeiros unha e mil veces os mirou e moi atento a os nomes dos neno/as para saber de quen era cada debuxo.

    ResponderEliminar
  2. A Mateo encantoulle ver os dibujos,tuvemos que poñelos varias veces.Un saludo

    ResponderEliminar
  3. A Lucía tamén lle gustou moito! Ten moitas ganas de volver ao cole!!!

    ResponderEliminar
  4. A Artai gustoulle moito, moito o video. Moitos bicos da sua parte a todos.

    ResponderEliminar