PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



lunes, 13 de abril de 2020

EMPEZAMOS DE NOVO

Ola, estamos de novo aqui para facer cousas e para que me contedes que tal estades.
Como sabedes Casimiro está na miña casa e está bastante enfadado porque quere volver ao cole e vervos a todos e a todas. Expliqueille que temos que quedarnos na casa de momento e sempre me di que se aburre un pouco.
Está nunha casiña que teño eu que tampouco lle gusta moito. Gravei un vídeo moi curtiño sen que me vise. Estaba facendo o pino e andando en dúas patas. A ver se vos gusta

Pero hoxe tamén quero poñervos unha proposta para facer na casa. A ver que vos parece

GUSTARÍAME QUE FIXÉRADES UN DEBUXO DE VÓS.

Pero ten que ser un debuxo nun folio e ten que chegar o corpo desde a parte de arriba ata a de abaixo, onde estarán os pes. Tamén ter que ser coa roupa que levades posta na casa, tenis ou zapatillas incluídas. E quero que se tedes un rotulador o repasedes como facemos na clase. Despois o pintades o máis bonito que sexades capaces, poñedeslle o voso nome coas letras ben feitas.
Pedíde que lle saquen unha foto e que ma manden para poder poñelas todas no blog e así podemos velas.
ÁNIMO A TODAS E TODOS QUE EU SEI QUE SODES UNS ARTISTAS. AGARDO IMPACIENTE OS VOSOS DEBUXOS.

2 comentarios: