PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



miércoles, 15 de abril de 2020

QUE TAL SE ESCRIBIMOS.?

Ola chicas e chicos. 
Estou agardando a que todas e todos  e todas rematedes o debuxo que vos puxen o martes. Teño que dicir que xa teño uns poucos e todos son superbonitos.Encántame ver que ben facedes as cousas . Tamén foi moi guai o traballo dos números. En canto me cheguen todos os traballos xa os poño para que poidades velos
Teño moitas ganas de vervos a todas e a todos, pero mentres non se pode mándovos un bico polo aire.

Hoxe quero que probemos a escribir palabras de cousas que botamos de menos. Son cousas relacionadas coa escola. Propóñovos que poñades as letras que faltan


1. A  _ _ G O S                       2. C O _ E _ O R

3.  P _ T I O                                 4. R E _ _ O

5. _ O L _ X _ O                    6. A _ R _ N D _ R



1.Na clase tedes moitos… e gústavos moito estar con eles e xogar
2.É un sitio ao que imos despois de ler o menú 
3. Lugar onde están os columpios
4.Imos ao patio cando é a hora do
5.É o lugar grande ao que vamos todos. Ten clases e corredores
6.No cole imos a…para saber moitas
ÁNIMO CHICAS E CHICOS QUE SEGURO QUE DESCUBRIDES AS LETRAS QUE FALTAN

Agora tamén podedes animarvos a escribir os nomes das amigas e amigos da clase. A ver cantos vos acordades.





1 comentario:

  1. A Helena codtoulle descifrar as duas últimas e costoulle adivinar as letras de recreo. Pero gustou facer o exercicio.

    ResponderEliminar