PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



viernes, 24 de abril de 2020

COUSAS SOBRE AS PUBLICACIÓNS

OLA A TODAS E A TODOS,

Como xa sabedes a finalidade deste blog é facer propostas que poidades facer coas vosas fillas e fillos na casa. Sei que non todas as familias teñen as mesmas circunstancias: de tempo, de espazo, de materiais etc. 
Procuro pensar moito en actividades que resulten de interese e ao mesmo tempo que non impliquen dun esforzo de tempo grande, nin para as nenas e nenos nin para os adultos.
Faime especial ilusión recibir os traballos que me mandades e valoro moi positivamente o esforzo que todo o mundo está a facer.
Este blog tamén foi un espazo creado para compartir e aquí quero explicar por qué non sempre aparecen toooodas as cousas que me mandades:

          * Porque algunhas son fotos nas que se ven as caras dos nenos e nenas e este espazo, aínda que ten unha finalidade educativa, é aberto a que o poda ver todo o mundo. Pareceume que sen o voso consentimento explícito non debería poñer fotos nas que se lles vexa a cara aos nenos e nenas. A única excepción é a foto de "Así somos" e pedín permiso á familia antes de subila.

           *Porque hai algunhas actividades que son todas iguais e por tanto, está ben que eu as poda ver para saber que se fixeron pero non é interesante que suba un montón de                   fotos do traballo dos camiños do rato para atopar o queixo.

          * Algúns debuxos ou manualidades que fan as nenas e nenos non teño claro se queredes compartilas polo que podedes confirmarmo cando as enviades por correo.


Para finalizar comentarvos que habitualmente subirei fotos o venres ou ben o luns en función das cousas que vaia recibindo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario