PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



jueves, 2 de abril de 2020

HOXE LEO UN CONTO


ESPERO QUE VOS GUSTE
A VER SE CASIMIRO QUERE SAÍR NO PRÓXIMO
 MOITÍSIMOS BICOS❤️❤️❤️❤️❤️

11 comentarios:

  1. A Izan gustoulle moito o conto pero gustoulle moito mais poder verche.
    Bicos e moitas grazas por compartir vos momentos cos nenos.

    ResponderEliminar
  2. Artai di que e moi chulo. O q mais lle gustou foi a parte mais graciosa que foi cando a galiña enterrou o ovo . Manda un bico moi grande

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. A Aroa gustoulle moitisimo. O que mais lle gustou foi cando naceu o pitiño e a sua nai quedou moi contenta.

    ResponderEliminar
  5. Aroa manda bicos para todos. :-*

    ResponderEliminar
  6. Breixo dime q lle gustou moito. O mellor foi ver o atento q estaba.

    ResponderEliminar
  7. Mateo encantoulle o conto,tamense puxo moi contento de verte.bicos e apertas para todos.

    ResponderEliminar
  8. A Helena gustoulle moito o conto, dí que o que máis lle gustou foi a parte do ovo cando se Abreu.
    Ten moitas gañas de ver a todos. Alegroulle moito verchee.

    ResponderEliminar
  9. A noite pasada, na nosa casa, fostes ti, Ana, quen nos contou o conto de antes de durmir. Gustounos moito!!! Moitos bicos.

    ResponderEliminar
  10. A Tiago le gusto mucho poder verte y escuchar el cuento! Tiene ganas de que vuelves a contar otro. Gracias!

    ResponderEliminar
  11. A Carlos tamén lle gustou moito o conto. Mándavos moitos bicos a todos!

    ResponderEliminar