PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



martes, 14 de abril de 2020

HOXE TOCA MATEMÁTICAS DIVERTIDAS

Temos que facer unhas tarxetas cada unha coa súa cifra.
CON ESTAS DEZ CIFRAS PODEMOS FACER TOOODOS OS NÚMEROS QUE EXISTEN: INFINITOOOOOOS
Imos probar a buscar por toda a casa cousas que teñan números: pode haber na roupa e no calzado, nos envases de alimentos, e tamén noutros sitios. Veremos as que atopamos.
Agora imos facer outra cousa. Eu vou inventar algúns números e vós tedes que acertar cal vale máis.de cada parella. Tedes que explicar por qué o sabedes.
Probade a inventar números e ver cal vale máis.

3 comentarios:

  1. A Helena encántanlle os exercicios de mates.

    ResponderEliminar
  2. A Lucía custoulle un pouco ao principio, pero soubo explicar que os números con máis cifras son os maiores.

    ResponderEliminar
  3. Breixo fai números infinitos..... Para q mama lle diga q número é 😜.
    Os números q mais valen son porque teñen mais cifras e números mais altos.

    ResponderEliminar