PROMOCIÓN 2020/2023
BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.
Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.
Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.
Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.
Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.
Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.
As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices
Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.
miércoles, 29 de abril de 2020
MÁIS MATEMÁTICAS
Todos e todas sodes moi maiores e como eso das sumas xa o fixemos moitas veces na clase, seguro que vos ides a lembrar de como era.
Aquí tedes unha flor que ten un código para poder pintala.
Temos que facer a suma dos dous números de cada pétalo e despois temos que mirar que color ten ese número.
Para que poidades facelo con máis facilidade lembrade: NUNHA MAN....NA OUTRA MAN.... E LOGO XUNTO E CONTO TODO
Fágovos un pétalo faciliño: NUNHA MAN 1 NA OUTRA MAN 1. XUNTO AS MANS E CONTO 1+1 =2. Vou mirar de que cor é o 2 e resulta que é rosa. Entón xa sei de que cor teño que colorear o pétalo.
A flor é moi faciliña de debuxar para quen non teña impresora. Se non é unha flor pode ser outra cousa que vos guste máis. ÁNIMO QUE SEGURO QUE PODEDES.
POR CERTO!. NON ESQUEZADES VER AS ENTRADAS ANTERIORES QUE FUN SUBINDO MÁIS FOTOS QUE FORON CHEGANDO.
lunes, 27 de abril de 2020
TRABALLOS DE FROTADO
MOI CHULO LUCÍA. ESTES DÍAS QUE NON HOUBO XENTE NAS PRAIAS E MENOS BARCOS NO MAR, SEGURO QUE OS GOLFIÑOS SALTARON COMO OS DO TEU DEBUXO
HELENA MÁNDANOS DOUS TRABALLOS. UN DE MOEDAS E OUTRO DE ANIMALIÑOS DO MAR. LEMBRO QUE CANDO EU ERA PEQUENA A MIÑA MAMÁ COLOCABA UNHA MOEDA DEBAIXO DUN PAPEL E CUN LAPIS FROTABA ATA QUE APARECÍA O DEBUXO
A MIN PARECÍAME MAXIA
OS MINILIBROS QUE CHEGARON
TEMOS OUTRO MINILIBRO FEITO POR LUCÍA P. SOBRE FROITAS
BREIXO MANDA ESTE VÍDEO PARA AMOSAR O SEU MINILIBRO
TRABALLO QUE MANDOU IZAN |
TRABALLO QUE FIXO HELENA CO SEU PAPÁ |
domingo, 26 de abril de 2020
CREANDO CON FORMAS
FIXEMOS UN RATO CON FORMAS XEOMÉTRICAS. CONTADE...
CANTOS CÍRCULOS?
CANTOS CADRADOS?
CANTOS ÓVALOS?
CANTOS TRIÁNGULOS?
CANTOS RECTÁNGULOS?
SEGURO QUE TODO O MUNDO ACERTOU.
AGORA TÓCAVOS A VÓS. TEDES QUE RECORTAR:
- 4 CÍRCULOS MEDIANOS
- 3 CÍRCULOS PEQUENOS
- 2 CADRADOS MEDIANOS
- 3 TRIÁNGULOS MEDIANOS
- 2 TRIÁNGULOS PEQUENOS
- 1 RECTÁNGULO LONGO E ESTREITO MEDIANO
- 4 RECTÁNGULOS PEQUENOS
CON TODAS ESTAS PEZAS, QUE PODEN SER DE PAPEL COLOREADO, DE PAPEL DE PERIÓDICO, DE REVISTA, DE TELA, DE CARTÓN...
TEDES QUE CONSTRUÍR O QUE QUEIRADES E POÑERLLE NOME PARA QUE EU PODA SABER O QUE É.
OLLO! NON VALE COLOCALOS DE CALQUERA MANEIRA. TEDES QUE CONSTRUÍR ALGO, O QUE QUEIRADES PERO QUE SEXA ALGO.
ÁNIMO CHICAS E CHICOS A POR ESAS CREACIÓNS
viernes, 24 de abril de 2020
COUSAS SOBRE AS PUBLICACIÓNS
VERSOS CURTIÑOS
LUCÍA B. |
E DURME NUNHA CAMA MÁXICA
ARTAI IMAXINOU PIRATAS BARBUDOS...
PERO QUERE IR PRONTO Á PRAIA
AROA CONTOU AS ESTRELAS DA NOITE...
E NUNCA VOLVEU TER MEDO
E AGORA NADA MOI BEN
MATEO FIXO UN PRECIOSO DEBUXO
PERO QUERE IR PRONTO Á PRAIA
BREIXO ABRAZOU UN OSO AMARELO E NUNCA VOLVEU TER MEDO
SABELA CONTOU AS ESTRELAS DA NOITE...
E DURME NUNHA CAMA MÁXICA
LUCÍA P. CONTABA AS ESTRELAS UNHA NOITE DE LÚA CHEA
ANIVERSARIOS
Sei que varias nenas e varios nenos estiveron ou van estar de aniversario nestes tempos que non podemos estar xuntos, cantar e compartir abrazos e bicos. Por iso ocorréuseme preparar este vídeo.
Espero que vos guste
FROTANDO
miércoles, 22 de abril de 2020
UN POUCO DE TEATRO
A Xanela do Maxín (grupo de teatro) ofrece unha versión completa dun libro que nos encanta a todas e a todos
A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA
Mola un montón a que sí?
A nós gústanos moito facer teatro e anímovos a facelo na casa coa vosa familia. Que tal o conto do coelliño branco? Ou o dos tres porquiños?
Ánimo que é moi divertido
Lémbrovos que tedes tamén unha proposta na páxina do cole de apuntar refráns, ditos populares, fórmulas de contar en xogos. Se os avós e as avóas vos aprenden algunha podedes escribila e mandarma
Hai moitos refráns que falan dos meses do ano. Sabedes algún.
DÍA DO LIBRO
Vouvos propoñer hoxe CATRO cousas.
1.- Como sei que tedes un libro da biblio na casa, propóñovos que tiredes unha foto desde libro e que me contedes se vos gustou e se o recomendaríades aos compañeiros e compañeiras.
2.- A segunda cousa é que me mandedes outra foto dalgún libro que teñades vós na casa e que vos gusta especialmente. Case que podería dicir que é o voso favorito. Contádeme por que escollestes ese e non outro.
3.- A terceira cousa que vos propoño é facer un minilibriño. Necesitades un folio e tesoiras. Póñovos aquí un vídeo de como se fai para que vos axude a facelo mamá ou papá.
4.- Cando o teñades podedes debuxar e escribir en cada folla unha cousa diferente do mesmo grupo. Por exemplo: o libro das froitas
o libro das caras (triste, contenta, furiosa, sorprendida, aburrida...)
o libro dos animais
o libro das letras bonitas
Cada quen pode escoller o que queira. ÁNIMO, A VER COMO VOS QUEDAN
martes, 21 de abril de 2020
ASÍ SOMOS
Estas fotos dun traballo tan estupendo fixéronme reflexionar sobre este proxecto de "Así somos"
Cando a principio de curso propuxen que fixeramos un traballo na casa sobre unha temática do corpo humano para vir despois a contarnos como expertos o aprendido, non imaxinaba que nos servira para aprender tantísimas cousas.
Onte pensaba no moito que boto de menos as sesións dos martes coas familias e os nenos e nenas contando con entusiasmo o moito que sabían.
Como eran quen de relacionar os contidos que nos contaban unha semana cos das outras. Como eran quen de facer preguntas relevantes e ofrecer respostas interesantes. Como o grupo se cohesionaba, se facía responsable e asumía con entusiasmo o reto de aprender.
Todo isto, que agora tanto botamos de menos foi posible pola complicidade e colaboración vosa, das familias, que vos implicastes de forma extraordinaria demostrando o acertada que é a foto que preside este blog.
Moitas grazas a todas as familias
Déixovos un vídeo que enviou onte a familia de Minia, co tema que lle tocaba contarnos na clase. Espero que vos guste
OUTRA VEZ MATEMÁTICAS. CÓDIGOS PARA ATOPAR O QUEIXO
VOUVOS POÑER UN CÓDIGO PARA QUE O SIGADES E SEXADES CAPACES DE LEVAR O RATIÑO ATA O QUEIXO. IMOS MARCANDO PUNTIÑOS NOS CADRADOS E DESPOIS UNIMOS OS PUNTOS E FACEMOS O CAMIÑO.
AQUÍ TEDES 3 CAMIÑOS DE DISTINTA COR. SE O FACEDES BEN TODOS TEÑEN QUE CHEGAR DESDE O RATO ATA O QUEIXO.
COMO HAI QUE ENTENDER O CODIGO: O NÚMERO INDICA OS CADRADOS QUE HAI QUE AVANZAR E A FLECHA INDICA CARA ONDE HAI QUE IR.
ÁNIMO E CONCENTRACIÓN
domingo, 19 de abril de 2020
DEBUXOS
POESÍAS DIVERTIDAS
ÁNIMO CHICAS E CHICOS A FACER POESÍAS DIVERTIDAS
TAMÉN ME GUSTARÍA VER UN DEBUXO DO POEMA.
XA SEI QUE É UN TRABALLO COMPLICADO E QUE VOS VAI LEVAR VARIOS DÍAS. PERO NON HAI PRESA, FACÉDEO MOI POUQUIÑO A POUCO, QUE É COMO SE SABOREA A POESÍA.
viernes, 17 de abril de 2020
O SOÑO DE CASIMIRO
Chega a fin de semana e por iso preparei este vídeo que espero que vos guste porque me deu moito traballo.
Bicos
jueves, 16 de abril de 2020
KALANDRAKA TV
Hoxe quero lembrarvos que na páxina web do cole, tamén podedes atopar propostas que facemos entre todas as profes de infantil. Hai cousas que se vos apetece podedes ver ou facer.
Hai unha webmix de contos que recompilou a profe Begoña que mola un montón.
Déixovos aquí o enlace por se vos resulta máis práctico ir desde aquí.
Páxina do cole
https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicernadascastro/node/2493
Pero como sei que vos gustan moito os contos creo que esta páxina da editorial Kalandraka vaivos gustar moito.
KALANDRAKA TV
O que me gusta moito e que quen conta os contos son autoras/es e tamén tamén ilustradoras/es
Quero tamén dicirvos a todas e a todos que me encanta ver as fotos que mandades e que estou agardando a ter máis para subilas.
Bótovos moitísimo de menos. QUÉROVOS MOITO. UN BICO GRANDE
miércoles, 15 de abril de 2020
QUE TAL SE ESCRIBIMOS.?
1.Na clase tedes moitos… e gústavos moito estar con eles e xogar
ÁNIMO CHICAS E CHICOS QUE SEGURO QUE DESCUBRIDES AS LETRAS QUE FALTAN
martes, 14 de abril de 2020
HOXE TOCA MATEMÁTICAS DIVERTIDAS
CON ESTAS DEZ CIFRAS PODEMOS FACER TOOODOS OS NÚMEROS QUE EXISTEN: INFINITOOOOOOS
Imos probar a buscar por toda a casa cousas que teñan números: pode haber na roupa e no calzado, nos envases de alimentos, e tamén noutros sitios. Veremos as que atopamos.
Agora imos facer outra cousa. Eu vou inventar algúns números e vós tedes que acertar cal vale máis.de cada parella. Tedes que explicar por qué o sabedes.
lunes, 13 de abril de 2020
EMPEZAMOS DE NOVO
Como sabedes Casimiro está na miña casa e está bastante enfadado porque quere volver ao cole e vervos a todos e a todas. Expliqueille que temos que quedarnos na casa de momento e sempre me di que se aburre un pouco.
Está nunha casiña que teño eu que tampouco lle gusta moito. Gravei un vídeo moi curtiño sen que me vise. Estaba facendo o pino e andando en dúas patas. A ver se vos gusta
Pedíde que lle saquen unha foto e que ma manden para poder poñelas todas no blog e así podemos velas.
ÁNIMO A TODAS E TODOS QUE EU SEI QUE SODES UNS ARTISTAS. AGARDO IMPACIENTE OS VOSOS DEBUXOS.