PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



viernes, 27 de marzo de 2020

XOGOS DE MATEMÁTICAS

XOGO DO ASCENSOR
PODEN XOGAR DOUS. CADA XOGADOR TERÁ UN ASCENSOR (PAPELIÑO, MACARRÓN, PEDRA PEQUENA...)
SE HAI UN DADO TÍRASE E CONTAMOS A VER EN QUE PISO QUEDAMOS. EMPEZAMOS A PRIMEIRA VEZ NO CERO PERO DESPOIS IMOS DESDE O PISO NO QUE QUEDARAMOS. TEREMOS QUE DECIDIR SE SUBIMOS OU SE BAIXAMOS ANTES DE TIRAR OU DICIR O NÚMERO
PODEMOS INTENTAR ACERTAR:
ESTAMOS NO 2, PARA CHEGAR AO 9 TEMOS QUE SUBIR...CANTOS?
DESDE O 7 PARA CHEGAR AO 4 TEMOS QUE BAIXAR OU SUBIR? E CANTOS?
LOGO PODEMOS COMPROBAR
XA VEDES QUE É MOI SINXELO.









ESTE TAMÉN É UN XOGO MOI SINXELO E PODE HABER MOITAS VARIANTES
TRÁTASE DE ENCHER AS CAIXAS CON TANTAS COUSAS COMO MARCA O NÚMERO PERO TENDO EN CONTA AS QUE HAI XA DE CAMIÑO.
PODEMOS FACELO CON PRATOS E FABAS, NUN PAPEL CON CÍRCULOS E UN LAPIS


PASÁDEO BEN E APRENDEDE MOITO

MIRADE QUE IDEA MÁIS ESTUPENDA TIVO A FAMILIA DE BREIXO PARA FACER O XOGO DAS CAIXAS


No hay comentarios:

Publicar un comentario