ESTE CADRO TITÚLASE....
E QUEN SE ACORDA DESTE?
E ESTE QUE SE TITULA MOZO CORONADO DE ROSAS, DE QUE ÉPOCA É?
OUTRO ARLEQUÍN PERO SERÁ DA MESMA ÉPOCA QUE O OUTRO?
DOUS CADROS CUBISTAS, SABEDES OS TÍTULOS?
BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.
Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.
Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.
Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.
Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.
Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.
As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices
Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.
Minia acertou case todos os cadros, menos os dous ultimos, que non sabe/non se acorda dos seus nomes.
ResponderEliminarLucía acórdase do nome de todos menos do último. Pero o terceiro cadro, non está segura da época, porque di que ten moito azul, pero o arlequín pensativo non parece estar triste.
ResponderEliminarPara resolver a dúbida de Minia, dicimos o nome do penúltimo:"Las señoritas de Avignon".
O ÚLTIMO É "MULLER CON ABANICO" É CUBISTA
EliminarIzan acordase de todos os cadros incluso sabe as épocas,impresionada me deixou, no único que dudou foi no arlequín do cabalo que non sabía seguro a época pero o final acertouna. Bicos.
ResponderEliminarBRAVO IZAN. MOI BOA MEMORIA. FAIME GRACIA QUE DEIXES Á TÚA MAMÁ IMPRESIONADA. CANDO POIDAMOS VOLVER AO COLE E VEXA O TEU LENZO DE PINTURA VERÁS COMO AÍNDA SE IMPRESIONA MÁIS. A VER SE É PRONTO!!
EliminarBreixo conoce moi ben quen e Picasso. Acordouse dos títulos dos tres primeros ainda q cambio alguna palabriña e as épocas tamen. Os tres últimos pensou e pensou pero non se acordou.
ResponderEliminarMateo falame moito de picsso os primeiros si que os acertou e as epocas tamen pero os dous ultimos tampouco se acordaba.dime que pintou cuadros moi famosos.
ResponderEliminarAroa acertou a época de todos os cadros. Lembravase de todolos nomes menos o do último.
ResponderEliminar