PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



viernes, 20 de marzo de 2020

COMO PODEMOS FUNCIONAR

A Educación Infantil é unha etapa moi importante para as nenas e nenos, pero non porque fagan unha ficha de repasar puntiños, colorear, ou escribir números e letras. A importancia fundamental da educación infantil é aprender a pensar, a ter autonomía e iniciativa, a ser quen de facer achegas e ofrecer solucións aos pequenos dilemas que a vida nos presenta día a día. 
Aprender cousas sobre a vida e a obra de Picasso van a poder facelo en calquera momento. Pero facelo xuntos, organizarnos, tomar decisións, opinar, asumir responsabilidades, aceptar e cumprir normas de convivencia so é posible de forma presencial.
Nestes momentos nos que hai moita xente que bota de menos os abrazos, podemos poñer en valor estar acompañados e dicirnos moitas veces o moito que nos queremos.
Sei que todas e cada unha das familias está a facer o que considera mellor para os seus fillos e fillas e por iso o que pretendo desde este blog e facer suxestións. NADA DO QUE EU POÑO AQUÍ É OBRIGATORIO. Os nenos e nenas están vivindo unha situación peculiar e aínda que nalgúns casos podan saír porque hai un espazo para facelo, outros/as non son tan afortunados. 
Todas as recomendacións que aparecen na páxina web están pensadas para ofrecervos recursos. Facémolas entre todas as compañeiras do ciclo e procuramos tocar diferentes enlaces que poden ser do voso interese.
Facendo clic no enlace chegaredes á páxina sen deficultade
Nos vindeiros días quero que me contedes que cousas vos preocupan máis para ver de que modo podo axudarvos. Utilizaremos o correo electrónico pero tede en conta que sodes moitos e que responderei o antes que poida

No hay comentarios:

Publicar un comentario