PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



lunes, 23 de marzo de 2020

ESCRIBIR UN POUCO

Hoxe quero facervos unha proposta de escrita
Imos aprender un poema da primavera do libro "As catro estacións" de Antonio García Teijeiro
Cando o saibamos de memoria os maiores van escribir cada palabra nun papel ou tarxeta pequena e despois as nenas e nenos irán recompoñendo o texto buscando entre todas as palabras escritas a que vai primeiro e a que vai despois. Ollo! non se trata de copiar o texto. Trátase de memorizar o poema pouquiño a pouco ata que o saibamos. Despois é o adulto o que escribe as palabras todas por separado. Os nenos e nenas o que teñen que facer é pensar cal vai primeiro e cal vai despois (intentando adiviñar o que pon en cada tarxeta fixándose por que letra empeza, por cal acaba, se é moi larga, se empeza como...etc.) podemos axudalos se teñen dificultades utilizando poucas tarxetas: as do 1º verso, as do 2º etc.
ÁNIMO QUE TAMÉN SODES CAPACES DE FACER COUSAS MÁIS DIFÍCILES
O poema dí así:



MEDROU UNHA PLANTA



MEDROU UN AMOR



MEDRARON TRES FLORES 


NO TEU CORAZÓN


MEDROU UNHA PLANTA



MEDROU A CALOR


MEDRARON TRES FROITOS


NO TEU CORAZON


O que podemos facer despois é facer o debuxo do poema e compartilo
VOU IR SUBINDO NESTA ENTRADA TODOS OS TRABALLOS QUE FAGADES DO POEMA DA PRIMAVERA
POEMA FEITO POR ARTAI. A QUE MOLA?

MIRADE QUE CHULO O DE BREIXO

E MIRADE QUE ESTUPENDO TRABALLO FIXO AROA



1 comentario:

  1. A Minia gustoulle moito a canción e sobre todo o xogo, que repetiremos hoxe.

    ResponderEliminar