PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



lunes, 30 de marzo de 2020

LETRAS EN 3D

Hoxe imos facer a letra do noso nome en 3 dimensións. Podemos utilizar todo o que queirades. Poñedes obxectos de calquera tipo nunha mesa ou no chan e tirades unha foto.
Serían letras GRANDES feitas con cousas distintas que temos pola casa.
Utilizade a vosa imaxinación, porque se pode facer con moitas cousas das que temos na casa. Cousas que se parezan ou cousas que non teñan nada que ver unhas coas outras . Eso como máis vos guste a vós.
Mirade a que fixo Casimiro.  A QUE MOLA MOITO?
EMPEZAN A CHEGAR AS LETRAS QUE FACEDES VÓS


2 comentarios:

  1. Ola,a Izan gustoulle moito o video e reconoceu a canción. Di que ė a dos abrazos que escoitades polas mañans.
    Grazas e moitos bicos.

    ResponderEliminar