OLA A TODAS E A TODOS
CHÉGANME MOITOS CORREOS E PÍDOVOS QUE TEÑADES PACIENCIA PORQUE SUBIR TODAS AS FOTOS QUE ME MANDADES LEVA TEMPO. NA ENTRADA DOS DEBUXOS FUN SUBINDO O QUE ME MANDASTES
Hai algunha familias que me fan chegar preguntas das nenas e nenos:
MINIA: CANDO IMOS VOLVER AO COLE?
BREIXO: DE ONDE SAEU ESTE BECHIÑO (VIRUS) QUE É TAN PEQUENO QUE NON O PODEMOS VER?. E ONDE VIVE?
Tamén algunhas familias se interesan por se todos estamos ben de saúde.
Imos ver se somos quen de responder.
A MINIA: Non sabemos aínda cando volveremos ao cole. Eu boto moito de menos vervos a todos e a todas e poder estar xuntos e darnos abrazos e bicos. Os vosos abrazos bótanse moito en falta pero temos que conformarnos con cerrar moi forte os ollos e imaxinarnos todos os que nos dábamos cada día cando empezabamos a mañá. De momento temos este que vos poño aquí
A BREIXO: Este virus apareceu nun país que se chama China. Parece que vivía nos morcegos pero non se sabe seguro. O que sucede é que pode vivir dentro das persoas e ademais dun so becho saen un montón ENOOOOOOOOORME de máis virus. Gústalle estar nos pulmóns e pode entrar en nós pola boca ou polo nariz.
Que pasa cando alguén o ten e non nota nada aínda porque non se fixeron moitos os virus? Pois que se esbirra ou tuse, da súa boca saen pequenas gotiñas de saliva que poden quedar nas mans ou na roupa ou nas cousas que tocamos outras persoas e así nos podemos contaxiar.
Por iso non se pode ir ao cole nin podemos estar uns cos outros, nin saír de paseo, nin ir ver aos amigos e amigas.
Pero sabedes que?
HAI MOITAS MOITAS PERSOAS QUE SON CIENTÍFICAS QUE ESTÁN INTENTANDO ENCONTRAR UNHA VACUNA PARA QUE NON COLLAMOS O VIRUS.
TAMÉN HAI OUTRAS PERSOAS QUE ESTÁN TRABALLANDO MOITO E MOI BEN PARA AXUDARNOS E TEMOS QUE DARLLES AS GRAZAS POR TODO
PROPÓÑOVOS UNHA COUSA.
PENSADE NAS PERSOAS QUE ESTÁN TRABALLANDO PARA AXUDARNOS E FACEMOS UNHA LISTA. MANDÁDEME AS VOSAS IDEAS AO CORREO EN FOTO OU ESCRITA DIRECTAMENTE NO CORREO. ÁNIMO
A Breixo quedoulle moi clariña a sua duda, escoitou moi a atento a tua explicación e dixome :'a claro claro ahora xa sei' e tamen quitou as suas conclusions.
ResponderEliminar