PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



martes, 31 de marzo de 2020

COMPARTIR COUSAS QUE CHEGARON

EMPEZAMOS CUN DEBUXO PRECIOSO DE BREIXO QUE PENSA QUE AS MÉDICAS E MÉDICOS SON MOI IMPROTANTES PORQUE AXUDAN ÁS PERSOAS.













SEGUIMOS CO XOGO DO ASCENSOR QUE LLE GUSTOU MOITO A BREIXO E QUE GAÑOU


PAULA ESTIVO PRACTICANDO SUMAS E ALGUNHAS LETRAS DO POEMA DA PRIMAVERA



 CARLOS FIXO ESTAS TORTIÑAS QUE TEÑEN TAN BOA PINTA E DEIXOUNOS OS INGREDIENTES DA RECEITA
AQUÍ PODEDES VER OS INGREDIENTES











 FINALMENTE AQUÍ TEDES UNHAS FOTOS DUN CASTELO FEITO CON CARTÓN QUE FIXERON EN FAMILIA LUCÍA BLANCO E O SEU IRMÁN MARTÍN COA AXUDA DO SEU PAPÁ.
A QUE MOLA?


MÁIS IDEAS PARA ABRIL

OLA CHICOS E CHICAS
TEÑO QUE CONTARVOS COUSIÑAS:
DESDE QUE NOS MANDARON IR PARA CASA FUN REXISTRANDO O TEMPO DE CADA DÍA NUN PAPEL E ASÍ CANDO VOLVAMOS PODEMOS FACER A GRÁFICA DO MES DE MARZO
AGORA QUERO QUE ME AXUDEDES A FACER A DO MES DE ABRIL PODEMOS FACER ASÍ:
UTILIZAMOS UN FOLIO E FACEMOS UN CALENDARIO COMO ESTE DO MES DE ABRIL
CADA DÍA IMOS POÑENDO NEL O TEMPO QUE FAI . EU TAMÉN IREI POÑENDO DENDE AQUÍ ASÍ QUE REVISADE DE CANDO EN VEZ AS ENTRADAS ANTERIORES


















CHICOS E CHICAS MIRADE QUE VÍDEO FIXEN PARA QUE APAREZAN TODAS AS LETRAS QUE ME MANDASTES. ESTÁN MÁIS ABAIXO ONDE APARECE A FOTO DA LETRA DE CASIMIRO

Sabedes que? Haiuns debuxos que lle gustan moito a Casimiro. Titúlanse Pg+gato y molan un montón porque fan cousas moi chulas. Fixádevos como tñen un problema para ordear o seu cuarto



Podemos clasificar cousas do noso cuarto como fixeron Peg+gato?
Xa me contaredes se vos gustasn estes debuxos.

lunes, 30 de marzo de 2020

LETRAS EN 3D

Hoxe imos facer a letra do noso nome en 3 dimensións. Podemos utilizar todo o que queirades. Poñedes obxectos de calquera tipo nunha mesa ou no chan e tirades unha foto.
Serían letras GRANDES feitas con cousas distintas que temos pola casa.
Utilizade a vosa imaxinación, porque se pode facer con moitas cousas das que temos na casa. Cousas que se parezan ou cousas que non teñan nada que ver unhas coas outras . Eso como máis vos guste a vós.
Mirade a que fixo Casimiro.  A QUE MOLA MOITO?
EMPEZAN A CHEGAR AS LETRAS QUE FACEDES VÓS


viernes, 27 de marzo de 2020

XOGOS DE MATEMÁTICAS

XOGO DO ASCENSOR
PODEN XOGAR DOUS. CADA XOGADOR TERÁ UN ASCENSOR (PAPELIÑO, MACARRÓN, PEDRA PEQUENA...)
SE HAI UN DADO TÍRASE E CONTAMOS A VER EN QUE PISO QUEDAMOS. EMPEZAMOS A PRIMEIRA VEZ NO CERO PERO DESPOIS IMOS DESDE O PISO NO QUE QUEDARAMOS. TEREMOS QUE DECIDIR SE SUBIMOS OU SE BAIXAMOS ANTES DE TIRAR OU DICIR O NÚMERO
PODEMOS INTENTAR ACERTAR:
ESTAMOS NO 2, PARA CHEGAR AO 9 TEMOS QUE SUBIR...CANTOS?
DESDE O 7 PARA CHEGAR AO 4 TEMOS QUE BAIXAR OU SUBIR? E CANTOS?
LOGO PODEMOS COMPROBAR
XA VEDES QUE É MOI SINXELO.









ESTE TAMÉN É UN XOGO MOI SINXELO E PODE HABER MOITAS VARIANTES
TRÁTASE DE ENCHER AS CAIXAS CON TANTAS COUSAS COMO MARCA O NÚMERO PERO TENDO EN CONTA AS QUE HAI XA DE CAMIÑO.
PODEMOS FACELO CON PRATOS E FABAS, NUN PAPEL CON CÍRCULOS E UN LAPIS


PASÁDEO BEN E APRENDEDE MOITO

MIRADE QUE IDEA MÁIS ESTUPENDA TIVO A FAMILIA DE BREIXO PARA FACER O XOGO DAS CAIXAS


miércoles, 25 de marzo de 2020

MAÍS COUSAS COMPARTIDAS

DEBUXO DE CARLOS

DEBUXO DE LUCÍA B.

PAPIROFLEXIA DE IZAN

MOLAN UN MONTÓN AS COUSAS QUE FACEDES.
COMO VEDES SAQUEI O VÍDEO DO CORONAVIRUS PORQUE NON DEIXABAN POÑELO E NON O SABÍAMOS.
SEGUEN CHEGANDO DEBUXOS E COUSAS QUE FACEDES E ESTOU ENCANTADA
MIRADE QUE DEBUXO FIXO LUCÍA B COMO AGASALLO PARA MÍN. ESTOU EMOCIONADA.



PAULA FIXO MOITAS CONTAS E TAMÉN UN CACHIÑO DA POESÍA.
IZAN MANDOUME UN VÍDEO NO QUE RECITABA O POEMA MOI MOI BEN E GUSTOUME UN MONTÓN. NON O PODO POÑER AQUÍ PORQUE ESTE BLOG PODE VELO TODO O MUNDO MUNDIAL E NON QUERO POÑER FOTOS NIN VÍDEOS DE NENOS E NENAS.
CANDO VOLVAMOS AO COLE PODEREMOS VELOS.


MIRADE AS TORTIÑAS QUE FIXO CARLOS. APUNTOU OS INGREDIENTES E MIRADE QUE BOA PINTA TEÑEN


QUEN SE ACORDA DOS CADROS DE PICASSO


 ESTE CADRO TITÚLASE....



E QUEN SE ACORDA DESTE?




 DE QUE ÉPOCA É ESTE CADRO?


     


                  E ESTE QUE SE TITULA MOZO CORONADO DE ROSAS, DE QUE ÉPOCA É?









OUTRO ARLEQUÍN PERO SERÁ DA MESMA ÉPOCA QUE O OUTRO?




DOUS CADROS CUBISTAS, SABEDES OS TÍTULOS?






martes, 24 de marzo de 2020

CANTAR E BAILAR E ESCOITAR

Co grupo MIgallas podemos bailar esta canción tan divertida
QUEN RECORDA ESTA CANCIÓN?




SEGURO QUE VOS GUSTA TANTO COMO A MÍN



APRENDE A CANCIÓN PARA LAVAR BEN AS MANS




lunes, 23 de marzo de 2020

ESCRIBIR UN POUCO

Hoxe quero facervos unha proposta de escrita
Imos aprender un poema da primavera do libro "As catro estacións" de Antonio García Teijeiro
Cando o saibamos de memoria os maiores van escribir cada palabra nun papel ou tarxeta pequena e despois as nenas e nenos irán recompoñendo o texto buscando entre todas as palabras escritas a que vai primeiro e a que vai despois. Ollo! non se trata de copiar o texto. Trátase de memorizar o poema pouquiño a pouco ata que o saibamos. Despois é o adulto o que escribe as palabras todas por separado. Os nenos e nenas o que teñen que facer é pensar cal vai primeiro e cal vai despois (intentando adiviñar o que pon en cada tarxeta fixándose por que letra empeza, por cal acaba, se é moi larga, se empeza como...etc.) podemos axudalos se teñen dificultades utilizando poucas tarxetas: as do 1º verso, as do 2º etc.
ÁNIMO QUE TAMÉN SODES CAPACES DE FACER COUSAS MÁIS DIFÍCILES
O poema dí así:



MEDROU UNHA PLANTA



MEDROU UN AMOR



MEDRARON TRES FLORES 


NO TEU CORAZÓN


MEDROU UNHA PLANTA



MEDROU A CALOR


MEDRARON TRES FROITOS


NO TEU CORAZON


O que podemos facer despois é facer o debuxo do poema e compartilo
VOU IR SUBINDO NESTA ENTRADA TODOS OS TRABALLOS QUE FAGADES DO POEMA DA PRIMAVERA
POEMA FEITO POR ARTAI. A QUE MOLA?

MIRADE QUE CHULO O DE BREIXO

E MIRADE QUE ESTUPENDO TRABALLO FIXO AROA



NOVA SEMANA DE QUEDAR NA CASA

OLA A TODAS E A TODOS
CHÉGANME MOITOS CORREOS E PÍDOVOS QUE TEÑADES PACIENCIA PORQUE SUBIR TODAS AS FOTOS QUE ME MANDADES LEVA TEMPO. NA ENTRADA DOS DEBUXOS FUN SUBINDO O QUE ME MANDASTES

Hai algunha familias que me fan chegar preguntas das nenas e nenos:

MINIA: CANDO IMOS VOLVER AO COLE?
BREIXO: DE ONDE SAEU ESTE BECHIÑO (VIRUS)  QUE É TAN PEQUENO QUE NON O PODEMOS VER?. E ONDE VIVE?

Tamén algunhas familias se interesan por se todos estamos ben de saúde.

Imos ver se somos quen de responder.

A MINIA: Non sabemos aínda cando volveremos ao cole. Eu boto moito de menos vervos a todos e a todas e poder estar xuntos e darnos abrazos e bicos. Os vosos abrazos bótanse moito en falta pero temos que conformarnos con cerrar moi forte os ollos e imaxinarnos todos os que nos dábamos cada día cando empezabamos a mañá. De momento temos este que vos poño aquí
A BREIXO: Este virus apareceu nun país que se chama China. Parece que vivía nos morcegos pero non se sabe seguro. O que sucede é que pode vivir dentro das persoas e ademais dun so becho saen un montón ENOOOOOOOOORME de máis virus. Gústalle estar nos pulmóns e pode entrar en nós pola boca ou polo nariz.
Que pasa cando alguén o ten e non nota nada aínda porque non se fixeron moitos os virus? Pois que se esbirra ou tuse, da súa boca saen pequenas gotiñas de saliva que poden quedar nas mans ou na roupa ou nas cousas que tocamos outras persoas e así nos podemos contaxiar.
Por iso non se pode ir ao cole nin podemos estar uns cos outros, nin saír de paseo, nin ir ver aos amigos e amigas.
Pero sabedes que?
HAI MOITAS MOITAS PERSOAS QUE SON CIENTÍFICAS QUE ESTÁN INTENTANDO ENCONTRAR UNHA VACUNA PARA QUE NON COLLAMOS O VIRUS. 
TAMÉN HAI OUTRAS PERSOAS QUE ESTÁN TRABALLANDO MOITO E MOI BEN PARA AXUDARNOS E TEMOS QUE DARLLES AS GRAZAS POR TODO 

PROPÓÑOVOS UNHA COUSA.
PENSADE NAS PERSOAS QUE ESTÁN TRABALLANDO PARA AXUDARNOS E FACEMOS UNHA LISTA. MANDÁDEME AS VOSAS IDEAS AO CORREO EN FOTO OU ESCRITA DIRECTAMENTE NO CORREO. ÁNIMO

viernes, 20 de marzo de 2020

MONSTROS DE GARABATOS

DEBUXOS DE SABELA
Mirade que chulo é o que acaba de chegar
Sabela ten unha mensaxe:
DEBUXOS DE AROA
¡VOS QUERO!
DEBUXO E TRABALLO DE MARQUETERÍA DE ARTAI
DEBUXO DE HELENA QUE DI QUE ESTÁ UN POUCO CONFUNDIDA














A BOLBORETA DE PAULA















TIAGO


ESTES SON OS DEBUXOS DE TIAGO
MOTO DE MATEO
TIAGO




COMO PODEMOS FUNCIONAR

A Educación Infantil é unha etapa moi importante para as nenas e nenos, pero non porque fagan unha ficha de repasar puntiños, colorear, ou escribir números e letras. A importancia fundamental da educación infantil é aprender a pensar, a ter autonomía e iniciativa, a ser quen de facer achegas e ofrecer solucións aos pequenos dilemas que a vida nos presenta día a día. 
Aprender cousas sobre a vida e a obra de Picasso van a poder facelo en calquera momento. Pero facelo xuntos, organizarnos, tomar decisións, opinar, asumir responsabilidades, aceptar e cumprir normas de convivencia so é posible de forma presencial.
Nestes momentos nos que hai moita xente que bota de menos os abrazos, podemos poñer en valor estar acompañados e dicirnos moitas veces o moito que nos queremos.
Sei que todas e cada unha das familias está a facer o que considera mellor para os seus fillos e fillas e por iso o que pretendo desde este blog e facer suxestións. NADA DO QUE EU POÑO AQUÍ É OBRIGATORIO. Os nenos e nenas están vivindo unha situación peculiar e aínda que nalgúns casos podan saír porque hai un espazo para facelo, outros/as non son tan afortunados. 
Todas as recomendacións que aparecen na páxina web están pensadas para ofrecervos recursos. Facémolas entre todas as compañeiras do ciclo e procuramos tocar diferentes enlaces que poden ser do voso interese.
Facendo clic no enlace chegaredes á páxina sen deficultade
Nos vindeiros días quero que me contedes que cousas vos preocupan máis para ver de que modo podo axudarvos. Utilizaremos o correo electrónico pero tede en conta que sodes moitos e que responderei o antes que poida

TODO VAI SAIR BEN

Casimiro fixo un debuxo de todo vai sair ben e quere compartilo con todas e todos. Está aquí conmigo na miña casa porque non quería deixalo soíño na clase. Tamén fixo un monstro de garabatos que lle quedou xenial. A ver que vos parece. Podedes deixar os comentarios que queirades para que todas e todos podamos lelos.
Neste blog tamén ides encontrar un enlace á páxina web do cole onde podedes atopar actividades e outras cousiñas. Non esquezades poñer os vosos comentarios e mandarme por correo as fotos dos vosos monstros