Existe un movemento artístico que é unha mestura de escultura e arquitectura.
Chámase Land Art e o que fan os artistas é crear un arte da natureza na natureza. Utilizan: rocas, pedras, terra, ramas, area, flores, follas e incluso o vento ou as mareas...) e fan as obras en entornos naturais.
Empezaron cando se falou da conciencia ecolóxica, é dicir a responsabilidade para conservar o mundo no que vivimos e o que nós podemos facer para conseguilo.
Polo xeral, é un arte que permanece onde se fai e chegado o momento pode transformarse ou desfacerse pola propia acción da natureza. Seguramente todas e todos fixestes algunha vez un muro ou un castelo na area, que se desfaceu cando subeu a marea, a que sí?
Pero estes artístas fan obras que se poden vender e para iso fan as fotos, os mapas ou os debuxos.
Se queredes saber máis podedes entrar NESTA PÁXINA que vos conta máis cousas e aparecen máis imaxes.
De todos modos aquí tedes algunhas fotos que seguro que vos gustan
Estas teñen como protagonista á árbore pero como vedes son moi diferentes. Nunha se fai un debuxo a redor e na outra se fai un debuxo dunha árbore usando pedriñas brancas e follas laranxas e amarelas.
As dúas son fermosas.
As fotos que vos poño agora saqueinas eu en Camelle no Concello de Camariñas. Hai moito tempo alí chegou un home alemán que se chamaba Manfred Gnädinger. Era un artista que se namorou da Costa da Morte e como lle gustou tanto a paisaxe decideu quedarse a vivir. Foi construíndo a súa propia casa coa axuda dos veciños e veciñas que ao principio lles extrañaba aquel home que case que sempre estaba facendo cousas coas pedras e que necesitaba ben pouco para vivir. Pouco a pouco fíxose un máis dalí e convivía moi ben coa xente. Como tiña un nome complicado Manfred e era aleman a xente acabou chamándolle MAN
Estas obras que vedes aquí pódense ver aínda hoxe, e foron feitas con pedras ao lado da casa de Man, que podedes ver na última foto
A historia de Man é un pouco triste poque no ano 2002 un petroleiro que se chamaba Prestige tivo un accidente frente á Costa da Morte e o petróleo manchou as praias e chegou ás súas esculturas. Todo se puxo de cor negra. Foi moi triste e Man, que xa era maior din que morreu de pena.Seguramente morreu porque xa era moi maior pero a pena que tiña non axudou.
Toda esta información é para que coñezades un pouco mellor o Land Art pero tamén para que investiguedes pola vosa conta porque ides ter que convertervos en artistas.
TEDES QUE FACER UN TRABALLO DE LAND ART CON ELEMENTOS NATURAIS QUE ATOPEDES. AO REMATAR FACEDES UNHA FOTO CHULA E EU PUBLÍCOAS PARA QUE AS POIDADES VER.
ÁNIMO ARTISTAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario