A ver que vos parece facer unhas gafas para imaxinar. Na páxina web do cole deixamos unha actividade parecida pero nós imos darlle outro aire.
Tedes que ver este titorial que vos conta como facer unhas gafas usando o cartón do papel hixénico. Hai que estar moi atentas e atentos porque vai un pouco rápido. En realidade fai catro cortes non completos no cilindro e despois dobla e coloca cinta adhesiva para darlle a forma.
Cando as teñades rematadas aí empeza verdadeiramente a actividade. Queremos imaxinar o que nos gustaría ver con esas gafas. Poden ser moitas cousas, así que tedes que pensalo moi ben porque despois ides decorar as gafas. Podedes usar o que queirades: pegatinas, pintura, ceras, pegar papeliños de cores, follas ou flores... O que se vos ocorra e vos guste.
IMPRESCINDIBLE MANDARME UNHA FOTO DAS GAFAS E TAMÉN ESCRIBIDES O QUE QUEREDES VER COA VOSA IMAXINACIÓN.
ÁNIMO QUE TEÑO MÁIS COUSAS QUE PROPOÑERVOS E XA QUEDA MOI POUCO PARA REMATAR O CURSO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario