A pesar de todas as dificultades considero que conseguimos saír adiante sen perder a esencia do grupo.
Quero felicitar a todas as criaturas polo ben que se portaron e polo moito que aprenderon, pero tamén agradecer a colaboración das familias e a súa implicación, sen a que nada sería posible.
Entendo a Educacion Infantil como unha etapa educativa fundamental no desenvolvemento das nenas e nenos.
Tal e como se ve na foto de inicio deste blog, A educación precisa que familias, docentes e nenas e nenos camiñemos xuntos. Eu engadiría a todas as persoas que nos facilitan a vida no colexio: conserxes, coidadoras, limpadoras, cociñeiras...
O meu empeño sempre é formar individuos bondadosos, con principios e escala de valores correcta. Nenas e nenos que se traten ben, que se coiden e se axuden. En definitiva que se respecten. Nisto, como en todo, poño sempre o meu maior empeño.
A evolución deste complexo grupo é enorme, tanto a nivel global como individual. O camiño está marcado e cada quen vai percorrelo ao seu ritmo en función dos seus intereses, actitudes, aptitudes, competencias.
Todas e cada unha das persoas temos retos que lograr, e coas nenas e nenos sucede o mesmo. Cada quen ten os seus e todos e cada un son importantes, por iso é tan necesaria a cohesión o respecto mutuo e a axuda dos que nos rodean para afrontalos e seguir avanzando e aprendendo.
Aprender é un proceso permatente que nunca remata na vida, afortunadamente. Eu este curso aprendín moito e estou moi orgullosa de seguir tendo esa oportunidade con cada neno e cada nena que chega a
GRAZAS
Ana
ResponderEliminarOla Ana.
En nome de todas as familias:
Moitas grazas a ti polo teu traballo e por implicarte tanto nel, incluíndo este tempo tan extraño e difícil que nos tocou vivir. Efectivamente xuntos conseguimos saír adiante positivamente.
Creemos que as aprendizaxes de todos estes anos lle valerán sempre as nosas nenas e nenos.
Grazas tamén a Casimiro por formaredes xuntos parte desta outra familia que todos temos.
Se as circunstancias o permitisen gustaríanos facerche un pequeno homenaxe en persoa con todas as neneas e nenos presentes. Pero como este ano non é posible fixemosche este pequeno agasallo que esperemos que che guste!!!!. Foi feito con moito agarimo e ilusión por parte de todas e todos! (O enlace está no correo electrónico)
Unha gran aperta.
As nosas nenas e nenos lévanche xa no seu corazón.