PROMOCIÓN 2020/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A INFANTIL B.

Este blog fixóse en marzo do 2020 porque a pandemia da Covid 19 provocou un estado de alerta sanitaria que causou o peche da escolarización presencial.

Hoxe 9 de setembro retoma a súa función porque continuamos en situación de pandemia e podemos ter que volver ao ensino non presencial nalgún momento.

Pero imos darlle unha función de dinamización da actividade na aula e de conexión entre a familia e a escola, nestes tempos que tanto temos que manter a distancia de seguridade.

Eu irei subindo contidos en función dos proxectos que levemos a cabo na aula e as familias podedes ver en calquera momento o que traballamos. Pretende ser un fío que nos conecte, que nos permita coñecernos mellor e facer unha comunidade de convivencia. Ao fin e ao cabo seredes a PROMOCIÓN 20/23 e aínda que agora nos parece a todos e a todas que queda moito, asegúrovos que medran e aprenden moi rápido.

Temos un lema que nos define e que está na cabeceira do blog e penso que define moi ben a nosa filosofía como grupo.

As nenas e nenos noviños teñen moitos retos por diante, cada quen os seus, e entre todas e todos imos axudar a que os consigan sendo persoas responsables e felices

Estamos ante un curso complicado, con moitas normas sanitarias e poucos recursos para cumprilas con facilidade pero INTENTAREMOS FACER TODO O QUE POIDAMOS PARA QUE TODAS E TODOS ESTEAMOS BEN TODO O CURSO.



miércoles, 17 de junio de 2020

FINAL DE CURSO

Chegamos ao final dun estraño curso para todas e todos. Remata unha etapa sen poder facer unha preparación coas nenas e nenos; sen que podan encontrarse cos compañeiros e compañeiras e compartir así, as súas emoción e vivencias dun proceso que tiveron que asumir sen chegar a entender moi ben a relevancia que ten.
A pesar de todas as dificultades considero que conseguimos saír adiante sen perder a esencia do grupo.
Quero felicitar a todas as criaturas polo ben que se portaron e polo moito que aprenderon, pero tamén agradecer a colaboración das familias e a súa implicación, sen a que nada sería posible.
Entendo a Educacion Infantil como unha etapa educativa fundamental no desenvolvemento das nenas e nenos.
Tal e como se ve na foto de inicio deste blog, A educación precisa que familias, docentes e nenas e nenos camiñemos xuntos. Eu engadiría a todas as persoas que nos facilitan a vida no colexio: conserxes, coidadoras, limpadoras, cociñeiras...
O meu empeño sempre é formar individuos bondadosos, con principios e escala de valores correcta. Nenas e nenos que se traten ben, que se coiden e se axuden. En definitiva que se respecten. Nisto, como en todo, poño sempre o meu maior empeño.
A evolución deste complexo grupo é enorme, tanto a nivel global como individual. O camiño está marcado e cada quen vai percorrelo ao seu ritmo en función dos seus intereses, actitudes, aptitudes, competencias. 
Todas e cada unha das persoas temos retos que lograr, e coas nenas e nenos sucede o mesmo. Cada quen ten os seus e todos e cada un son importantes, por iso é tan necesaria a cohesión o respecto mutuo e a axuda dos que nos rodean para afrontalos e seguir avanzando e aprendendo.
Aprender é un proceso permatente que nunca remata na vida, afortunadamente. Eu este curso aprendín moito e estou moi orgullosa de seguir tendo esa oportunidade con cada neno e cada nena que chega a


GRAZAS

                     Ana

ARTISTAS DE LAND ART

Eu non deixo de sorprenderme do xeniais que sodes. PARABÉNS
Para mostra da vosa xenialidade aquí vos van as obras feitas con elementos naturais.
HUGO
Sabedes que se poden representar formas diferentes e con distintos materiais. A cuestión é experimentar.
AROA



CARLOS
MINIA


LUCÍA P.

LUCÍA B.
BREIXO


PAULA

ARTAI


Esta actividade encantoume. Paréceme que a podedes facer tantas veces como queirades usando a vosa imaxinación. Agora que ven o verán e saídes á praia ou a pesar, xa sabedes: levades unha bolsiña para recoller materiais e despois a facer o voso land art. Eu vou a axudarlle ao meu neto a facelos, seguro que lle encanta.

viernes, 12 de junio de 2020

MIRADE QUE CHULADA


AROA  mándanos este modelo con bolboretas e corazóns.
Son, como escribe ela no folio:
LENTES QUE SERVEN PARA VER UNICORNIOS E XENTE FELIZ.

Paréceme preciosa a idea de ver unicornios pero moito máis a de ver XENTE FELIZ.
Moi guai Aroa.



Aquí temos as gafas de LUCÍA B un modelo con flores e estrelas. 
Con estas gafas LUCÍA B. pode imaxinar: "a la gente volando con el gorrocóptero de Doraemon" e tamén "Las ceras en fila subiendo una montaña mientras Martín toca la trompeta de Hamelin"
FANTÁSTICO LUCÍA. Consegues facer voar moito a túa imaxinación.


Pasamos ao modelo que nos propón CARLOS. Como vedes as gafas teñen uns diamantes preciosos. Carlos esqueceu contarnos que podía imaxinar con estas gafas. Ao mellor un castelo dun rei moi rico que brille na escuridade.
SON UNHAS GAFAS GUAIS CARLOS



As gafas de IZAN teñen pegatinas de Angry Birds e  poñen "ESTO NO ME LO PIERDO POR NADA DEL MUNDO". Será por iso que o que imaxina sexa: que está salvando o mundo cos seus superpoderes acompañado do can de Batman e de Superman? EU ISO SÍ QUE NON O PERDERÍA IZAN, SEGURO QUE CONSEGUÍAS SALVAR AO MUNDO.























BREIXO fixo dúas. Ao mellor unhas son para VALERIA, a súa irmá que xa se fixo un pouco maior e vai vir ao cole o curso que ven.
Paréceme que están pintadas con rotulador e por iso teñen esas cores tan intensas. 
SON CHULÍSIMAS 
BREIXO imaxina ver un monopatín eléctrico. Paréceme que tes moitas ganas de ter un e por iso o imaxinas. Non sei se terás que agardar a ser aínda un pouco máis grande.





Aquí temos as GAFAS que deseñou ARTAI.
Teñen unha estrela no medio que debeu recortar con moito esforzo. Tamén lle vexo un triángulo azul e unhas rectángulos negros
SON GUAIS.
Artai tamén ten moita imaxinación, veredes:
A súa mamá díxolle que pechara e abrira os ollos varias veces e que lle dixera o que imaxinaba e Artai imaxinou todo isto
Víase xogando cunha veciña dos seus avós que se chama Paula.
Tamén se imaxinou coa súa avoa María limpando o armario do seu avó.
Tamén, en robótica cos seus amigos e compañeiros.
Tamén que lle gustaría ir ao cole e que pasara este virus un pouco máis rápido.
ARTAI TEÑO QUE DICIRCHE QUE AÍNDA QUE EU NON TEÑO ESAS GAFAS TAN CHULAS TAMÉN IMAXINO E DESEXO QUE ESTE VIRUE PASE MÁIS RÁPIDO, E TAMÉN ME GUSTARÍA IR AO COLE.

Temos aquí o deseño de HUGO. As gafas teñen un montón de coches. SON ESTUPENDAS.
E a ver se sabedes que imaxina HUGO cando se pon esas gafas?
Pois HUGO imaxina un gran coche de carreiras que pilotará el, cando sexa maior, por un circuíto a toda velocidade.
ESTÁ MOI BEN HUGO, EU MIRO A TÚA FOTO E TAMÉN ME RESULTA FÁCIL IMAXINARTE PILOTANDO UN COCHE DE CARREIRAS. A CARA DE VELOCIDADE XA SABES POÑELA. ENCÁNTAME







PAULA mándanos estas gafas rosas, cunha pegatina de Frozen no centro e cos laterais de cadradiños de cores . 
Ela imaxina que navega con elas ao timón dun gran barco, e pode ver os peixes debaixo da auga.
QUE CHULAS PAULA CREO QUE O RATO CASIMIRO APÚNTASE  A NAVEGAR SE O LEVAS CONTIGO.


Tiago envíanos un modelo quen lle levue tempo rematar. Tiña que secar ben a pintura!

Añadir leyenda
Añadir leyenda
 Podemos observar que teñen aos lados unhas enormes estrelas. Tiago ao poñelas imaxina coches de carreiras e tamén xogando no parque con outros nenos.
SON MOI CHULAS, TIAGO, AO MELLOR PODES FACER UNHA CARREIRA CON HUGO .

ENCANTOUME SOBRE TODO A VOSA IMAXINACIÓN








martes, 9 de junio de 2020

ARTE CON ELEMENTOS NATURAIS

ANTES DE NADA AVISO: BOTADE UN VISTAZO Á ENTRADE DE ASÍ SOMOS QUE HAI COUSAS NOVAS.

Existe un movemento artístico que é unha mestura de escultura e arquitectura. 
Chámase Land Art e o que fan os artistas é crear un arte da natureza na natureza. Utilizan: rocas, pedras, terra, ramas, area, flores, follas e incluso o vento ou as mareas...) e fan as obras en entornos naturais.
Empezaron cando se falou da conciencia ecolóxica, é dicir a responsabilidade para conservar o mundo no que vivimos e o que nós podemos facer para conseguilo.
Polo xeral, é un arte que permanece onde se fai e chegado o momento pode transformarse ou desfacerse pola propia acción da natureza. Seguramente todas e todos fixestes algunha vez un muro ou un castelo na area, que se desfaceu cando subeu a marea, a que sí?
Pero estes artístas fan obras que se poden vender e para iso  fan as fotos, os mapas ou os debuxos.
Se queredes saber máis podedes entrar NESTA PÁXINA que vos conta máis cousas e aparecen máis imaxes.
De todos modos aquí tedes algunhas fotos que seguro que vos gustan















Estas teñen como protagonista á árbore pero como vedes son moi diferentes. Nunha se fai un debuxo a redor e na outra se fai un debuxo dunha árbore usando pedriñas brancas e follas laranxas e amarelas.
As dúas son fermosas.
As fotos que vos poño agora saqueinas eu en Camelle no Concello de Camariñas. Hai moito tempo alí chegou un home alemán que se chamaba Manfred Gnädinger. Era un artista que se namorou da Costa da Morte e como lle gustou tanto a paisaxe decideu quedarse a vivir. Foi construíndo a súa propia casa coa axuda dos veciños e veciñas que ao principio lles extrañaba aquel home que case que sempre estaba facendo cousas coas pedras e que necesitaba ben pouco para vivir. Pouco a pouco fíxose un máis dalí e convivía moi ben coa xente. Como tiña un nome complicado Manfred e era aleman a xente acabou chamándolle MAN
Estas obras que vedes aquí pódense ver aínda hoxe, e foron feitas con pedras ao lado da casa de Man, que podedes ver na última foto






A historia de Man é un pouco triste poque no ano 2002 un petroleiro que se chamaba Prestige tivo un accidente frente á Costa da Morte e o petróleo manchou as praias e chegou ás súas esculturas. Todo se puxo de cor negra. Foi moi triste e Man, que xa era maior din que morreu de pena.Seguramente morreu porque xa era moi maior pero a pena que tiña non axudou.
Toda esta información é para que coñezades un pouco mellor o Land Art pero tamén para que investiguedes pola vosa conta porque ides ter que convertervos en artistas.
TEDES QUE FACER UN TRABALLO DE LAND ART CON ELEMENTOS NATURAIS QUE ATOPEDES. AO REMATAR FACEDES UNHA FOTO CHULA E EU PUBLÍCOAS PARA QUE AS POIDADES VER.
ÁNIMO ARTISTAS

lunes, 8 de junio de 2020

LUNS DE GAFAS

A ver que vos parece facer unhas gafas para imaxinar. Na páxina web do cole deixamos unha actividade parecida pero nós imos darlle outro aire.
Tedes que ver este titorial que vos conta como facer unhas gafas usando o cartón do papel hixénico. Hai que estar moi atentas e atentos porque vai un pouco rápido. En realidade fai catro cortes non completos no cilindro e despois dobla e coloca cinta adhesiva  para darlle a forma.


Cando as teñades rematadas aí empeza verdadeiramente a actividade. Queremos imaxinar o que nos gustaría ver con esas gafas. Poden ser moitas cousas, así que tedes que pensalo moi ben porque despois ides decorar as gafas. Podedes usar o que queirades: pegatinas, pintura, ceras, pegar papeliños de cores, follas ou flores... O que se vos ocorra e vos guste.
IMPRESCINDIBLE MANDARME UNHA FOTO DAS GAFAS E TAMÉN ESCRIBIDES O QUE QUEREDES VER COA VOSA IMAXINACIÓN.
ÁNIMO QUE TEÑO MÁIS COUSAS QUE PROPOÑERVOS E XA QUEDA MOI POUCO PARA REMATAR O CURSO.

viernes, 5 de junio de 2020

MIRADE OS VOSOS INSTRUMENTOS

BREIXO

LUCÍA B

CARLOS
ARTAI



















Molan un montón e seguro que soan xenial.
Podedes utilizalos para acompañar este baile co que espero que o pasedes xenial esta fin de semana
Por certo. Alguén lembra os nomes dalgúns osos do noso corpo? A ver se vos refresca a memoria esta canción de Migallas Teatro. Boa fin de semana


martes, 2 de junio de 2020

VÍDEO DE NÚMEROS FAVORITOS

Aquí van dous vídeos. Un cunha canción que mola moito para lembrar os números.
O outro cos vosos números favoritos.
Espero que vos gusten. A verdade é que se repetiron varios e faltaron algúns. Casimiro e eu fixemos os que faltaban.
A VER SE VOS GUSTA