O OUTONO TEN SONO
NON PODE DURMIR
PONLLE UNHA MANTIÑA
QUE SE QUEDA AXIÑA
SEREO E FELIZ
Este poema é de Antonio García Teijeiro, do seu libro "As catro estacións", editado por Galaxia.
Gústame tanto que vou dar unha idea. A ver se somos quen de aprendelo de memoria e recitalo. Despois podemos ver como lle sería esa mantiña que lle podemos facer ao outono.
Sabedes unha cousa, a Casimiro gústalle moito o outono porque lle encanta xogar coas follas das árbores. Ten unha colección de fotos chulísimas que nos prestou para que as poidéramos ver. Gústanvos?
Agora podemos ver e sobre todo escoitar a música deste vídeo, é a música de o OUTONO DE VIVALDI. Un músico que tamén fixo música para as outras estacións do ano: inverno, primavera e verán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario