IMOS EMPEZAR UN CURSO NO QUE SOMOS NA CLASE 14. PODEDES CONTALOS NA FOTO, A VER SE SABEDES CANTAS NENAS HAI?, E CANTOS NENOS?
É QUEN SERÁ A QUE TEN UNHA BATA DE COLOR VIOLETA?
MIRADE CANTAS COUSAS HAI NESA FOTO.
A VER SE SOMOS QUEN DE DICIR MOITAS
EU VEXO UN MANCHURRÓN NEGRO DE ALGUÉN QUE LLE DEBEU CAER PINTURA
AÍNDA QUE AQUÍ TEDES OS VOSOS DEBUXOS CREO QUE TAMÉN TEREMOS QUE POÑER FOTOS PARA PODER COÑECERNOS MELLOR E QUE NOS COÑEZAN TODAS AS FAMILIAS. QUE VOS PARECE?
SABEDES QUE?. NA NOSA CLASE HAI UN SEGREDO. VOUVOS DAR UNHA PISTA
UNHA CASIÑA!!!! QUEN VIVIRÁ NESA CASIÑA?
HAI UNHAS LETRAS AÍ ABAIXO. QUE POÑERÁN?. NON SE VEN MOI BEN.
VEREDES COMO VOS GUSTA DESCUBRIR QUEN VIVE NESTA CASIÑA.
E AGORA A ESCOITAR E VER UNHA CANCIÓN MOI CHULA